O presidente da Deputación provincial de Ourense e do PP, Luis Menor, di que “o que ocorre no concello da capital non é normal”, criticando así o que considera unha xestión errática do Alcalde.
Menor atribúe a problemas estructurais o ocorrido no peche do mes de xaneiro, ó ser convocado un pleno extraordinario para desbloquear as nóminas do personal e outro para tentar evitar a perda de fondos europeus.
Lembremos que o Concello de Ourense tivo que convocar 5 plenos urxentes no último mes e medio.

