Coren

Coren expándese e empleará a 325 persoas no 2019

As inversions centranse no desarrollo de centros de procesado, na creación de novos centros tecnolóxicos de incubación e selección xenetica, e no fomento do cultivo de cereais ecolóxicos.

ondacero.es

Madrid | 29.11.2018 08:07

Feijoo con directivos de Coren
Feijoo con directivos de Coren | Faro de Vigo

O grupo agroindustrial ourensá “Coren” desenvolverá en 2019 un plan que permitirá a creación de 325 postos de traballo estables en Ourense cunha inversión que ascenderá aos 26 millóns de euros.

O grupo asume un compromiso na producción de alimentos galegos de calidade, co desenrolo sostible e ca creación de riqueza no campo asumindo novos retos e innovación tecnolóxica.

O plan foi presentado polo presidente do grupo Coren, Manuel Gómez Franqueira e polo presidente da Xunta Alberto Núñez Feijoo. O titular do executivo autonómico salientou que o investimento da comunidade en investigacion e desenrolo medrou en Galicia o doble que en España.

O plan de Coren para o vindeiro ano, terá tres pilares. Nos centros de procesado continuarán ca innovación tecnolóxica 4.0 tanto en procesado, transformación coma loxística. Tamén se prevé a posta en marcha de novos centros de incubación e selección xenética en avicultura e, en paralelo, iniciarán un proxecto agrario de producción ecolóxica con cultivo de trigo "ecolóxico" nunha parcela dunhas 350 hectareas en Cualedro co que a cooperativa ourensá pretende seguir na liña de rexeneración de montes queimados e continuar potenciando a recuperación de bosques de castaños para a sua gama selecta. De feito, o pasado ano Coren consumiu uns 4,5 millóns de quilos de castañas que supuxeron unha inxección económica no agro duns 7 millóns de euros.