Fraude Fiscal

Fraude por cobro indebido de pensións

A Policía Nacional, en colaboración coa Secretaría de Estado da Seguridade Social, destapou un fraude de máis de 6 millóns de euros polo cobro de pensións de persoas falecidas en varias provincias españolas entre as que figuran Ourense, Coruña e Pontevedra

Paco Sarria

Ourense | 06.02.2020 08:42

Una patrulla de la Policía Nacional
Una patrulla de la Policía Nacional | OC

A Policía Nacional, en colaboración coa Secretaría de Estado da Seguridade Social, destapou un fraude de máis de 6 millóns de euros polo cobro de pensións de persoas falecidas en varias provincias españolas entre as que figuran Ourense, Coruña e Pontevedra.


Foron arrestadas 11 das 36 persoas identificadas como presuntas autoras dun total de 55 delictos contra a Seguridade Social, estafa, falsedade documental e apropiación indebida.
A maioría son familiares directos dos falecidos e algúns deles residentes no estranxeiro.

A Policía analizou 12.586 abonos indebidos, 75 contas bancarias e 23 casos con máis de cen mil euros defraudados.40 pensións cobradas fraudulentamente superaban os 10 anos, 22 falecementos ocorriran hai máis de 20 anos e 11 mortes de pensionistas foron no estranxeiro.

Entre os casos chamativos figura o dunha muller que acudíu ó banco acompañada dunha actriz que suplantaba a identidade da sua nai falecida 4 anos antes, conseguindo o acceso ós cartos falsificando a sinatura.

Foi detido tamén o empregado de banca que falsificou xustificantes en efectivo e cartillas bancarias da pensionista falecida, conseguindo realizar ata 62 reintegros da conta.