Juzgados

Florentino Delgado e Fernando Suances serán investigados pola Fiscalía do Estado

A Fiscalía do estado investiga un suposto “abuso de autoridade” do fiscal xefe de Ourense, Florentino Delgado e do fiscal xefe do TSXG, Fernando Suances

ondacero.es

Ourense | 10.01.2019 10:08 (Publicado 10.01.2019 10:05)

florentino delgado
florentino delgado | La Region

A fiscalía xeral do estado acordou abrir dilixencias informativas ao fiscal xefe da Audiencia de Ourense, Florentino Delgado e tamén ao fiscal superior de Galicia, Fernando Suances para saber se cometeron unha “falta disciplinaria grave” de “abuso de autoridade” na tramitación dun expedente relacionado ca denuncia da ex edil de urbanismo de Ourense, Aurea Soto contra o ex alcalde popular Manuel Cabezas. Soto denunciara a Cabezas por non esixirlle aos constructores o pago do 10% dos aproveitamentos urbanísticos.

A denuncia foi presentada polos abogados da ex edil de urbanismo Aurea Soto que pretende exclarecer se puido haber inactividade e por tanto retraso na tramitación desta investigación que o fiscal xefe do TSXG encargou ao fiscal xefe de Ourense por demora do propio ministerio público.