Ourense de festa en festa

Festas na provincia de Ourense do 12 ao 18 de agosto

Como cada ano as festas na honra de San Roque percorren a xeografía ourensá nestes próximos días. Viana do Bolo, Nogueira de Ramuín, Vilaza, Amoeiro ou Celanova non faltan á cita. Pero xunto a ellas, nesta semana ourensáns e visitantes non poden perderse outros festexos tradicionais como a Festa dos Callos Limaios en Lobios e a Feira do Porco Celta en Cortegada.

ondacero.es

Ourense | 12.08.2019 11:14

Ourense de festa en festa
Ourense de festa en festa | Onda Cero Ourense

Festas de Lentellais en O Bolo

Do 10 ao 12 de agosto

Este luns 12 de agosto, rematan as festas de Lentellais coa actuación da orquestra Metrópolis. Ademais, ao igual que na xornada do domingo, continúa o campionato de tuto e bolos.

Virxe das Neves en Maceda

Do 8 ao 18 de agosto

Nas festas na honra da Virxe das Neves en Maceda, o luns 12 haberá ás 18:30 torneo de cachibol e actuación da orquestra La Ola dende as 21:30.

O martes 13, terá lugar ás 20:30 horas o partido entre Maceda e Nogueira. E verbena pola noite da man da orquestra Nevada.

O xoves 15, ás 13 horas celebrarase o tradicional Desfile Medieval, seguido de xantar popular, e xgoso populares e bailes medievais pola tarde. Ás 10 horas, remata a xornada co gran torneo medieval.

O sábado 17, celebrarase a III Marcha dos Vagalumes, unha marcha nocturna en bicicleta polo municipio.

E o domingo 18, a XV Mini BTT Maceda nas piscinas municipais.

Festas da Nosa Señora da Asunción e San Roque en Viana do Bolo

Do 10 ao 17 de agosto

Nas festas da Nosa Señora da Asunción e San Roque de Viana do Bolo non faltará a mellor música. O luns 12 correrá a cargo de América de Vigo; o martes 13, será o concerto de La Edad de Oro del Pop Español; e mércores 14, será o turno da orquestra Costa Dorada; o xoves 15, de La Estación; o venres 16, da formación Gran Casino; e o sábado 17 pecha os festexos a discoteca móvil Pablo Hervella.

Virxe do Monte e San Roque de Loña do Monte en Nogueira de Ramuín

Do 15 ao 18 de agosto

Nogueira de Ramuín comezará as súas festas na honra da Virxe do Monte e San Roque o xoves 15, con degustación de polbo e churrasco, e verbena a cargo do grupo folk Tómalle Outra.

O venres 16, a música correrá a cargo de Vader DJ; e o sábado 17, serán os concertos de Tania Veiras e de Gin Toni´s.

E xa o domingo 18, remata a celebración co tradicional misa solemne pola mañá, festa infantil pola tarde, e actuación pola noite da orquestra M-3.

Festas de Asunción e San Roque de Vilaza en Monterrei

Do 12 ao 16 de agosto

O luns 12 comezan as festas de Vilaza coa VIII Festa do neno, con hinchables e festa da espuma dende as 17 horas. Seguida da actuación de Duercirium e Les Artuáns.

O martes 13, ás 19:30 horas terá lugar a X Carretada do Viño, seguida de gran paellada popular. Para continuar coa actuación da orquestra París de Noia.

O mércores 14 a nota musical correrá a cargo do grupo A Roda e a discoteca móvil Gramola. E o xoves 15, da orquestra Nazaret.

O venres 16 haberá misa solemne e procesión na honra de San Roque dende as 12:30, e porá o fin de festa a actuación da cantante Sabela.

Virxe da Asunción en Cualedro

Do 13 ao 15 de agosto

As festas na honra da Virexe da Asunción de Cualedro darán comezo o martes 13 coa actuación da discoteca móvil Deluxe R.

O mércores pola tarde haberá xogos infantís, festa da espura e o tradicional partido entre solteiros e casados. Pola noite actuará a orquestra Panorama.

E o xoves 15 terá lugar a procesión e misa solemne ás 12:30 horas, pola tarde haberá xogos infantís e pola noite a actuación da discoteca móvil Gramola.

Festas de Santa María e San Roque en Amoeiro

Do 13 ao 16 de agosto

Amoeiro tamén se suma á celebración do tradicional San Roque. O martes 13 comeza a festa coa charanga Albor e discoteca móvil; o mércores 14 terá lugar a actuación do cantante Javi Mota, a orquestra Ciclomanía e discoteca móvil; o xoves 15 ás 11 horas será a tradicional xuntanza de coches e motos clásicos, ás 12 procesión e misa solemne, ás 20:30 horas a actuación do Circo Adrano no campo de fútbol, e rematará a xornada coa música das orquestras Ardores e Fórmula. E xa o venres 16 rematan as festas con ludoteca e xogos pola tarde, e actuación de Ruth Cundis e da orquestra Talismán pola noite.

Festas de San Roque en Celanova

Do 13 ao 17 de agosto

As festas do San Roque en Celanova tamén veñen cargadas de actuacións musicais diversas nos seus dous tradicionais emplazamentos: a praza Maior e a Alameda. O martes 13 abre os festexos a orquestra Assia; o mércores 14 será o turno de Graffiti e La Clave; o xoves 15 será a orquestra Kube e os grupos Iles e Kambotes os que poñan a nota musical; o venres 16 actuará a orquestra Tango e o grupo Versus; e o sábado 17 as charangas XL e BCB percorrerán as rúas da vila de San Rosendo dende as 20 horas, e pechará a festa o grupo Kondios.

Virxe da Torre de Xermeade en Muíños

15 de agosto

Actos relixiosos e as actuacións musicais da charanga Os Bandiños e do grupo Lume son das activiades máis destacadas da festas na honra da Virxe da Torre de Xermedade en Muiños, que terán lugar na xornada do 15 de agosto.

San Roque en Lobios

16 e 17 de agosto

Queimada e chocolatada con bizcoito de balde poñerá a nota dóce ás festas de San Roque en Lobios este 16 de agosto pola noite.

Xa o sábado 17 terá lugar ás 13 horas a misa solemne. E xa pola noite verbena a cargo das orquestras Pentágono e Nazaret.

Nos dous días de festa os asistentes poderán gozar de posto de polbo á feira.

X Feira de Artesanía e do Porco Celta en Cortegada

17 e 18 de agosto

O concerto de Fire Dagons abrirá os festexos o 17 de agosto ás 22:30 horas. Para deixar paso o domingo, a partir das 12:30 a baile medieval e espectáculo de trapecio; ás 14 horas será o tradiconal xantar con degustación d porco celta, paella, viño do Ribeiro, postre e café. Seguido de festa da auga e hinchables para os máis cativos pola tarde; o tradicional Xuizo do Mercenario ás 20 horas e concerto de Himnadium ás 21.

XXII Festa dos Callos Limiaos e XII da Carretada en Lobios

18 de agosto

A histórica festa dos Callos Limiais de Lobios chega ás súa 22ª edición este 18 de agosto, cunha feira de artesanía durante toda a xornada, xantar popular ás 13:30 con callos e espetada de porco galego, festa acuática ás 15:30 horas, Torneo de Xogos Populares ás 17 horas, e a tradicional carretada popular dende as 20 horas (con modalidade infantil, xuvenil e sénior).