Faurecia deberá reducir en 27 persoas a sua plantilla para poder adaptarse ás previsións productivas de Stellantis. Así llelo comunicou a dirección da propietaria Forvia, segundo explicou a Onda Cero Ourense o presidente do comité de empresa tra-la reunión desenvolvida este medidía na factoría ourensá.
Sería un proceso de adhesión vontaria e comezaría a negociarse nos próximos días entre a empresa e os representantes da plantilla que suma ó redor de 300 empregados.
A empresa trasladou ós representantes dos traballadores a súa aposta pola viabilidade a pesares de que Stellantis non lles adxudicou o proxecto que agardaban.
Dende o comité de empresa solicitaron o compromiso con reunións periódicas de seguimiento durante este primeiro semestre do ano para verificar que alternativas de carga de traballo están a valorarse.