Unha muller de 81 anos faleceu en sinistro vial ocorrido en A Devesa da Corna, Piñor de Cea, ó saírse o coche no que viaxaba da calzada e colisionar contra unha árbore.
A conductora, que era a filla da falecida, resultou ferida grave e o acompañante, que viaxaba detrás e era o pai da conductora, resultou ferido leve.
No turismo tamén viaxaba un bebé que resultou ileso.
Conductora e falecida facían uso do cinturón de seguridade e ademáis a conductora deu negativo na proba de alcolemia.