Unha muller de Ribadavia de 82 anos faleceu onte tras inhalar un producto químico mentres preparaba un licor. A muller, que supostamente tiña problemas respiratorios, puido verse afectada polo anhídrico sulfúrico que se utiliza para os procesos de vinificación e que ao parecer había na botella na que facía a preparación. O suceso aconteceu na vivenda particular da vitima na rua Maquiáns. Cando chegaron os servizos sanitarios non puideron facer nada por salvarlle a vida. A botella foi atopada co liquido derramado no chan. As primeiras medicións de gas que se fixeron para comprobar a toxicidade, deron negativo.
Agora será a autopsia a que determine as causas.
Os expertos en enoloxía recomendan tomar precaucións ca manipulación de productos químicos e non fiarse "de que o da casa é o mellor", tras morrer onte na localidade ourensá de Ribadavia unha octoxenaria que inhalou anhídrido sulfuroso cando pretendía elaborar un licor.
O presidente da Asociación de Enólogos Galegos, Luis Butrón asegura que este composto químico usase moito na vinificación pero o problema pode atoparse cando a dose non é a axeitada ou se non se toman precaucións coma o uso de mascariña ou unha boa ventilación. Butrón defende que mellor sexa un profesional quen o manipule e tamén quere desterrar o mito da tradición de que a elaboración caseira de viños e licores é a mellor.
Os expertos reivindican a figura do enólogo e recomendan mercar sempre productos químicos etiquetados e en sitios especializados.