Política

A EDAR de San Cibrao será licitada no segundo semestre

O PP no Congreso interesouse por esta vella demanda

Paco Sarria

Ourense |

Depuradoras de aguas
Depuradoras de aguas | Pixabay

O Partido Popular de Ourense insta ó Goberno de Pedro Sánchez a licitar sen demora no segundo semestre do presente ano as ansiadas obras de remate do saneamento do río Barbaña e a mellora da EDAR de San Cibrao das Viñas.

O deputado ourensán no Congreso, Celso Delgado, dixo que agarda que a aprobación económica da licitación non se vexa afectada pola ausencia de aprobación dos Orzamentos Xerais do Estado do 2024 e do 2025 e pola perda de financiación comunitaria.

Para os populares resulta urxente ampliar a actual EDAR para que seu funcionamento sexa máis fiable e flexible, e para tratar con maior capacidade as augas residuais dunha poboación que ten aumentado notablemente así como a actividade industrial do maior polígono industrial da provincia.