A Garda Civil de A Rúa detivo a un veciño de O Barco de Valdeorras como presunto autor de 5 roubos cometidos en 3 bares, unha tenda e unha perruquería da capital valdeorresa.
Foi o pasado día 18 cando os axentes sorprenderon ó detido in fraganti no interior dun bar despois de facer un burato na porta.
No interior localizaron ferramentas e carapuchas e viron como fora forzada a máquina rexistradora.
Posto en liberdade o mesmo suxeto roubou unha tenda ó día seguinte e unha perruquería próxima.
E días máis tarde voltou a ser sorprendido no interior doutro bar onde fora forzada unha fiestra.
A Garda Civil quere poñer en valor a colaboración cidadá para o esclarecemento destos roubos.
Por outro lado e no marco da operación “Sargento Moreiras” foi detido outro veciño de Ourense, de 24 anos como presunto autor dun delicto de roubo con forza nunha vivenda, de un roubo con violencia e forza nas cousas nun estanco de Celanova e de un roubo con forza nun restaurante de Reibadavia, sendo acusado ademáis de pertenza a grupo criminal.