O grupo municipal do PP esixe solución urxentes para as familias sen praza nas actividades de conciliación dependentes do Concello de Ourense e así o traslaron ás xuntas de área, resaltando a “pouca importancia” que o goberno local lle da a este órgano informativo xa que á mesma non asistiron varias edís do grupo municipal de goberno de Democracia Ourensana.
Inciden os populares en que cada vez son máis os nenos e nenas que quedan sen actividades cada verán debido ó desmantelamento das políticas de conciliación familiar, explicou a voceira, Ana Méndez.
Por outro lado os populares inciden, como xa fixera o BNG a semana pasada, no colapso da entidade Progape que xestiona a canceira municipal debido a unha saturación que, “en ningún caso emilina a responsabilidade municipal”.
