Ribeiro

A Denominación de orixe Ribeiro gaña seis medallas no "Mundus Vini"

A D.O. Ribeiro vén de recibir un total de seis medallas trala publicación dos resultados do concurso internacional de viños Mundus Vini, unha competi-ción que se celebrou do 18 ao 23 de febreiro en Alemaña.

Óscar Gómez

Ourense |

Botella de Ribeiro | Denominacion de orixen ribeiro

As adegas da D.O. Ribeiro obtiveron un total de seis medallas, das 14 entregadas en Galicia. A meda-lla de ouro recaeu no viño da colleita 2017 Aialalá Sousón de The Flower and the Bee S.L. e os ga-lardóns de prata foron para o viño da colleita 2017, The Flower and the Bee Sousón de The Flo-wer and the Bee S.L. e nos viños de colleita 2018 Antonio Montero ‘’Autor’’ Cepas Vellas Autóc-tonas de Antonio Montero S.L., Ramón do Casar Blanco e Ramón do Casar Treixadura de Ra-món do Casar S.L. e Viña do Campo de Bodegas Docampo S.A.

Viños de todo o mundo se presentaron ao 26º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini, concurso que rende homenaxe aos mellores viños na degustación de primavera de 2020.

O 26º Gran Premio Internacional del Vino Mundus Vini chegou ao seu fin co premio de 43 medallas de gran ouro, 1.546 de ouro e 1.406 de prata. 268 expertos en viños de 54 países viaxaron á degus-tación de seis días para catar e avaliar case 7.500 viños de todo o mundo.