O BNG acusa á Xunta de Galicia de “dinamitar” a sanidade ourensá eliminando a unidade Post-Covid.
A parlamentaria nacionalista Noa Presas lamenta que o executivo do Partido Popula ignore ás persoas enfermas e as perto de 2 mil sinaturas que pediron o reforzo e mantemento desta Unidade e avanza que o Bloque voltará a insistir na Cámara autonómica nunha atención integral e coordenada.

