Play Off Ascenso a 2 RFEF

Borja Fernández: "o que temos por diante é ilusionante"

Conversamos con Borja Fernández, adestrador do Ourense, na previa da volta da primeira eliminatoria do play off de ascenso a 2 RFEF co Arosa

Onda Cero Ourense

Ourense | 22.05.2024 13:01

Onde mellor estamos é con un fútbol valiente e sen medos

Play off ascenso a 2 RFEF

Unión Deportiva Ourense e Arosa SC xogan o domingo a partir das 20:00 horas na Lomba a volta da primeira eliminatoria do play off de ascenso a 2 RFEF.

Na ida adiantouse o Ourense con goles de Lucas Puime e Jesús Ares. Nos últimos minutos dúas accións a balón parado supuxeron o empate para os arlequinados con goles de Pacheco e Santi Gegunde.

O Arousa parte co factor campo que fai que lle sirve o empate no partido de Vilagarcía despois dos 90 minutos de partido e os 30 de período suplementario.

Entrevista a Borja Fernández, adestrador do Ourense

O adestrador vermello respondeu a temas de interés para a afición do Ourense

  • Evolución do equipo desde a súa chegada
  • Sensacións despois do empate co Arosa
  • Qué Ourense veremos na Lomba
  • A afección do Ourense

Desplazamento da afección do Ourense a Vilagarcía

A Unión Deportiva Ourense pon a disposición dos seus seguidores autobuses para desplazarse o domingo ó campo da Lomba

No primeiro día xa se encheron 2 autobuses, agárdase que partan de Ourense en torno a 5 autobuses ademáis de moitos coches particulares.