vilagarcia de arousa

Ás 19:00 horas en Praza de Galicia

11/11/2025 14:29

Vilagarcía de Arousa acenderá o seu Nadal o 29 de novembro

A maxia do Nadal está a piques de tomar as rúas de Vilagarcía co acto de acendido de luces que inaugurará a temporada festiva con preto de 300 elementos luminosos que chegarán a máis dun centenar de rúas, tanto do centro urbano como do rural.

PROGRAMA COMPLETO

11/08/2025 14:15

Más de Uno Pontevedra 11/08/2025

Abrimos o programa coa actualidade deste luns de agosto, conversando co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela, e escoitando o que a rúa responde. Buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas e concedemos protagonismo ao deporte desde o Hotel Rías Bajas co surfista, como convidado da semana. Ademais, como cada luns, falamos de motor con Abel Millán e completamos o programa cunha nova edición de "Cántamo... en galego".

PROGRAMA COMPLETO

07/08/2025 14:22

Más de Uno Pontevedra 07/08/2025

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. Escoitamos o que a rúa responde e buscamos a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Recibimos a visita de Rodrigo Cota e do colectivo pontevedrés “De vella a bella”. Ademais, completamos o programa cunha reportaxe de Lara González e Saray Alvela sobre o “Aquí cántase!”.

PROGRAMA COMPLETO

13/05/2025 14:09

Más de Uno Pontevedra 13/05/2025

Abrimos o programa deste martes coa actualidade do día e conversando coa concelleira de Cultura de Vilagarcía de Arousa, Sonia Outón. Abrimos tempo de entrevista con Quique Pérez desde o colectivo Pedaladas e con Xaime Toxo desde o Ateneo de Pontevedra. Ademais, como cada martes, visitamos a Librería Cronopios con Mercedes Corbillón.