LA BRÚJULA DE RADIOESTADIO OURENSE 13/10/2022

CD Arenteiro clasificado para a Copa do Rei

O rival do Arenteiro será un equipo de primeira división

Onda Cero Ourense

Ourense | 13.10.2022 20:54

CD Arenteiro clasificado para a Copa do Rei

A xornada do mércores deparaba a eliminatoria de cuartos de final da Copa Federación entre CD Arenteiro e Panadería Pulido. O premio para o gañador era doble:

  • Acceso as semifinais da Copa Federación
  • Clasificación para a Copa do Rei

O Arenteiro adiantouse na primeira metade con un gol de Markitos e cando estaba empezando a sufrir na segunda parte os goles de Manín e Antón Escobar certificaban a victoria (3-0) que daba a clasificación ó equipo de Fran Justo.

Copa Federación

Nas semifinais da Copa Federación agarda un auténtico clásico do fútbol español, o Real Unión de Irún. O gañador xogará a final

Copa do Rei

Na Copa do Rei, CD Arenteiro recibirá a un equipo de primeira división en sorteo puro a excepción dos equipos clasificados para a Supercopa de España (Real Madrid, FC Barcelona, Real Betis e Valencia CF). A eliminatoria xogarase en Espiñedo na fin de semana do 12 ou 13 de novembro.

Ademáis de CD Arenteiro, o Ourense CF tamén está clasificado para a copa do Rei pero as opcións de xogar contra un primeira división nesta ronda son máis complicadas.

Tamén poderá xogar a copa a UD Barbadás pero para éso terá que superar o mércores 19 de outubro ó Atlético de Lugones no seu campo de Os Carrís.