Más de uno ourense

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 08 de Maio

Abrimos repaso ás recomendacións semanas de La Librería con “La Asistenta” de Freida McFadden.

Detrás da porta ela vixía e observa. Un thriller que segundo os lectores non defrauda. Unha historia contada a dúas voces.

A segunda proposta é “Lluvia” (Blackwater) de Michael McDowell. Sexto e derradeiro volumen dunha saga matriarcal. Mulleres poderosas que loitan polo dominio durante xeracións. Un retrato realista con toques sobrenaturais.

En terceiro lugar unha proposta para os máis peques. Leva por título “Malvarina -quero ser bruxa” de Susana Isern e Laura Proietti. Unha historia que sucedeu nun val embruxado, gobernado por 3 meigas malvadas e famosas.

E por último outra proposta infantil titulada “Detective Conan” de Cosho Aoyama. Editado por Planeta Agostini. Parte dunha serie de manga atemporal e ocasionalmente anacrónica, centrada dun personaxe atrapado no corpo dun neno de 6 anos pero con mente de adulto.

Más de uno ourense

O edil do PP Pepe Araujo denuncia o caos que os funcionarios sofren nos seus postos

O concelleiro popular no Concello de Ourense, Pepe Araujo, denunciou hoxe en Onda Cero o <caos> que os funcionarios municipais sofren nos seus postos. Neste senso fixo referencia á recente resolución da Xunta e da Administración do Estado para que regrese á tesoureiría Municipal a tesoureira cambiada de posto por polo Alcalde Pérez Jácome, así como ó cambio de posto do interventor municipal Gonzalo Alonso.

En entrevista en Más de Uno Ourense Araujo abordou tamén asuntos como a moción sobre refuxios climáticos que o Partido Popular levará ó próximo pleno municipal.

Más de uno ourense

Chegan as 'batallas de rap' a Ourense

Adentrámonos no mundo do Rap en Ourense con Jorge Piñeiro, artísticamente coñecido coma Home P. Él é un dos impulsores das "batallas de rap" organizadas na sala cultural (Antiga O Renque) a carón do Campus de Ourense o sábado 11 de Maio.