Más de uno ourense

O principal problema no concello de Toén é a despoboación

A despoboación é o principal problema no concello de Toén ó entender do edil socialista Luis Mato Moreiras, quen hoxe pasou polos micrófonos de Más de Uno Ourense.

Mato aportou ideas para frenar e mellorar esa tendencia como unha maior dotación de solo industrial, a revisión do plan de urbanismo, a dotación de vivenda social, o desenvolvemento dunha política medioambiental, que a fibra chegue a tódolos núcleos de poboación, mellora en algunhas estradas e construcción de instalacións deportivas.

Mato tamén falou en Onda Cero das mocións que presentan dende a oposición e das potencialidades e atractivos que ten Toén pola sua proximidade á capital da provincia.

Más de uno ourense

As suxerencias literarias de La Librería CyC do 15 de Maio

Comezamos o repaso ás recomendación semanas de La Librería con “El lado oscuro de la luna”, de Mari Jung Stedt. Onde tra-lo éxito de “Antes de que lleguen las nubes” o inspector Héctor Correa e a profesora sueca Lisa Hagel regresan á Costa do Sol malagueña.

Continuamos con “Atlas de lo invisible”, de James Chesire e Oliver Uberti, con mapas e gráficos que cambiarán a visión que temos do mundo. Un libro dun xeófrafo e dun deseñador que redefinen o que é un atlas con novidosas visualizacións que rematan por descubrir realidades que reflexan o presente e prevén o que chegarán co paso do tempo.

A terceira proposta, as portas da celebración do Día das Letras Galegas é a obra de Ledicia Costas, editada por Xerais, “Pel de Cordeiro”, que narra a vida de duas mulleres unidas durante dous séculos pola forza máxica da bruxeiría.

E por último unha proposta para os máis novos. “El Rulas y la copa legendaria”. Unha personaxe macarra e divertido que quere cumprir o soño de ser futbolista nunha épica aventura.

Más de uno ourense

O Centro Comercial Pontevella acolle unha exposición filatélica temática

Está organizada pola asociación de técnicos de seguridade vial de Galicia e a Federación de Técnicos de Educación Viaria coa colaboración do Colexio Cisneros, ata o 31 de maio.

Abordamos a iniciativa en Más de Uno Ourense coa docente Marilia Abad, implicada no proxecto 'Educa, Involucra'.

Más de uno ourense

'Challengers' e 'As Neves' en Butaca Cero con Simone Saibene

Na Butaca 0 cinema de plena actualidade. Comezando por unha comedia dramática, deportiva e romántica como "Challengers" (Rivais)e continuando pola estrea e salas comerciais da cinta galega "As Neves", ambientada nun pobo de montaña, un temporal de neve e a previa celebración dun entroido con consumo de setas alucinóxenas.

Más de uno ourense

Ruta do viño de Ribeiro e o proxecto gastronómico Cuatro Lunas en 'Se nos va la olla'

No espacio Se nos va la olla, con Paco Sarria e Rubén Amorín, divulgamos a celebración da Ruta do Viño do Ribeiro coas xornadas de portas abertas sobre a que falamos coa presidenta en funcións do Consello Regulador da Denominación de Orixe, Concha Iglesias.

Asemade recibimos a visita dos inspiradores do proxecto gastronómico 'Cuatro Lunas', en O Couto, que dirige Ainoa del Río.

Luz Verde

Constrúen unha charca no IES Lagoa de Antela como aposta educativa

Alumnado, profesores e pais de alumnos constrúen hoxe no IES Lagoa de Antela en Xinzo de Limia unha charca para estudiar a biodiversidade. A iniciativa forma parte do programa europeu Refuxios ó que este centro educativo concorríu sendo elexido por este proxecto no que estudiarán flora, fauna e como afecta o cambio de clima a este ecosistema que pretende emular a pequena escala o que foi en tempos a propia Lagoa de Antela.

A charca permañecerá no patido do colexio para seu estudio segundo explicou en Más de Uno Ourense a profesora de bioloxía e xeoloxía do instituto Lucía Pariente Romero.

A MIT en Ribadavia

IL edición da Mostra do 19 ó 27 de xullo Edición Espello

A Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia cumple este verán os corenta anos de vida. Presentada esta semana na capital do Ribeiro foron anunciadas as datas que irán do 19 ó 27 de xullo.

En Más de Uno Ourense falamos co director artístico da MIT, Roberto Pascual e de algunhas das obras confirmadas como 'Iribarne' ou a presencia de Desgarradura co espectáculo 'The miracle worker'.

Más de uno ourense

Intentarán reconstruir o antes posible o templo budista de San Amaro

O mosteiro budista Chu Sup Tsang de San Amaro foi prácticamente destruído por un incendio o pasado 27 de febreiro. Dende entón, a comunidade budista adicouse a recuperar o mobiliario, documentos e obxectos que non se viron afectados, e toca agora están a piques de comezar o proceso de reconstrucción. Trátase dun espacio de máis de 600 metros cadrados que precisará probablemente de máis de 700 mil euros segundo as primeiras estimacións, polo que piden doazóns ó través da conta aberta no Banco Santander.

Poden obter máis información na web do mosteiro e na sua conta na rede social Facebook, segundo contou en Más de Uno Ourense Berta Pérez Varela ( Tenzing Ngeyung).

Más de uno ourense

Verín homenaxea a Luisa Villalta nas Letras Galegas

O Concello de Verin comeza este venres coa celebración dunha serie de actividades que teñen por obxecto homenaxear a Luisa Villalta, a quen este ano está adicado o Día das Letras Galegas. De tal xeito, entre este venres e o domingo 19 música, danza, exposicións ou literatura darán forma a unha Semana das Letras na que a concellería de Cultura do concello verinés ten depositada moita ilusión, como en Más de Uno Ourense contou a concelleira Samanta Barreira. Entre as actividades centrais está a representación de "Made in Galicia" a cargo de Sarabela Teatro.