Más de uno ourense

Ultimado o programa da Uned Senior para o vindeiro Curso

A xeopolítica do mundo contemporáneo, a posverdade ou a desinformación serán algúns dos contidos da décima edición do programa Uned Senior de Ourense no curso 2024-2025 que comeza en setembro. Contouno en "Más de Uno Ourense", Jesús Manuel García, diretor da Uned en Ourense.

Más de uno ourense

Kevin Costner protagonista en Butaca Cero

O director de cinema e colaborador de Más de Uno Ourense, Simone Saibene despedíuse para tomar un respiro veraniego coa sección semanal "Butaca Cero" na que lembrou as últimas estreas nas salas de cinema, entrelas o último filme de Kevin Costner "Horizon: An American Saga".

Más de uno ourense

Do concurso de ' Tapas por Galicia' ó turismo na provincia

O Director Xeral de Turismo, Xosé Manuel Merelles destacou no espazo de gastronomía e turismo "Se nos va la olla" o incremento de turismo extranxeiro e os potenciais da provincia de Ourense. Ademáis en colaboración con Rubén Amorín, tivemos ocasión de falar co chef Gabi Conde do concurso de "tapas por Galicia".

Más de uno ourense

Conversamos co alcalde de Amoeiro José Luís González

En "Más de Uno Ourense" tivemos ocasión de conversar co alcalde de Amoeiro, José Luís González sobre os atractivos naturais, culturais e patrimoniais deste municipio así coma os servizos que ofrece á cidadanía. González tamén explicou os proxectos que ten previsto executar neste mandato.