Más de uno ourense

God Save de Pistol en Butaca 0

O espacio de cine de Más de Uno Ourense, Butaca 0, con Simone Saibene abordou hoxe a serie Pistol sobre a lexendaria banda Sex Pistols. Asemade, novas referencias a Bullet e 42" para completar a carteleira da fin de semana.

Más de uno ourense

Se nos va la olla a Barbadás e ó bo Tapeo

O espacio Se nos va la Olla, en Más de Uno Ourense, viaxou hoxe ata Barbadás onde acollen unha nova edición do "Barbadás a Bocados". Paco Sarria e Rubén Amorín falaron co Alcalde Xosé Carlos Valcárcel e tamén o hosteleiro Nacho Parra de El Buen Tapeo.

Más de uno ourense

Noticias Matinal Ourense 16/09/2022

As novas deste Venres 16 de Setembro, con Paco Sarria, coa información de Ourense e a súa provincia, así mesmo os titulares de prensa e as novas do Tempo.

Más de uno ourense

Sarabela Teatro estrea no Principal "Arraianos"

A compañía de Teatro Sarabela estrea este venres, sábado e domingo no Teatro Principal de Ourense a sua última producción inspirada en dous dos dez relatos que compoñen a obra de Méndez Ferrín "Medias Azuis e Lobosandaus".

A producción leva por nome "Arraianos" e recolle así historias da fronteira; da raia seca con Portugal; sobre o mundo dos posuídos, as supersticións e os mitos.

A directora de Sarabela, Ánxeles Cuña, explicou en Onda Cero que foi un reto adaptar estos dous relatos que falan moito de Ourense.

Más de uno ourense

Presentación do candidato do BNG Luis Seara este martes

O BNG presenta en sociedade o próximo martes ás 20.30 ó seu candidato á Alcaldía. Será no Teatro Principal e, con este motivo convidamos hoxe a Más ee Uno Ourense a Luis Seara, con quen abordamos asemade algúns asuntos da actualidade municipal.

Más de uno ourense

Día da Bici: Paixón polas bicicletas

Unha nova edición do Día da Bici terá lugar este domingo en Ourense reivindicando o uso de este vehículo e a seguridades para os ciclistas. Convidamos a Más de Uno hoxe ó presidente da Fundación ADO Moure, Carlos Moure.

Más de uno ourense

Noticias Matinal Ourense 15/09/2022

As novas deste Xoves 15 de Setembro, con Paco Sarria, coa información de Ourense e a súa provincia, así mesmo os titulares de prensa e as novas do Tempo.

Más de uno ourense

Abordamos o caso da escolarización de dous irmáns xordos

Convidamos á tertulia en feminino de hoxe, con Antía Pousa e Ximena González, a Mónica Prada, nai de dous fillos xordos, quen tivo a oportunidade de contarnos as dificultades de esta familia coa educación dos seus fillos e as limitacións ás que se enfrontan.

Más de uno ourense

Noticias Matinal Ourense 14/09/2022

As novas deste Mércores 14 de Setembro, con Paco Sarria, coa información de Ourense e a súa provincia, así mesmo os titulares de prensa e as novas do Tempo.

Más de uno ourense

Os milagres da reproducción en Uno de estos Días

No espacio Uno de Estos Días en Más de Uno Ourense, co doutor Miguel Angel Abad Vila abordamos hoxe a reproducción e os avances que nesta materia acadaron recentemente investigadores chineses.