Juzgados

A Audiencia de Ourense condea a oito anos de inhabilitación para o ex alcalde de Xinzo

A audiencia provincial de Ourense ratifica a condea a oito anos e seis meses de inhabilitación para o ex alcalde popular de Xinzo de Limia, Antonio Rodríguez

ondacero.es

Ourense |

Antonio Rodriguez | onda cero

A audiencia provincial de Ourense ratifica a condea a oito anos e seis meses de inhabilitación para o ex alcalde popular de Xinzo de Limia, Antonio Rodríguez, desestimando na sua totalidade o recurso presentado polo ex rexedor. O fallo lle impedirá presentarse coma candidato nas municipais de maio de 2019.

Rodríguez fora acusado dun delicto de prevaricación administrativa continuada ao contratar a dedo a catro traballadores sen proceso selectivo. Asemade en sentencias previas os tribunais tamén apreciaron desviación de poder en varias contratacións encadeadas que permitían que eses traballadores pasasen de temporais a indefinidos sen ningún tipo de probas selectivas.

A denuncia fora presentada polo sindicato CIG que acusou ao ex rexedor limiado do pp de vulnerar a normativa a pesar das reiteradas advertencias.