A sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense absolveu a un acusado dun delito contra a saúde pública porque considera que “non resultou debidamente acreditado que a intervida estivese destinada á súa venda para terceiras persoas”. Na sentenza, a Sala indica que o sospeitoso é consumidor habitual de cocaína, droga que levaba no seu vehículo, en concreto, 5,029 gramos, cunha riqueza do 84,44 %. A sentenza non é firme, pois cabe recurso ante o TSXG.
E por outro lado aq sección segunda da Audiencia Provincial de Ourense condenou a catro anos e seis meses de cárcere e ao pago dunha multa de 12.000 euros a unha acusada de traficar con droga. A Sala considerou probado que as substancias que lle comisaron estaban destinadas “á venda polo miúdo”. Ademais, destaca que a sospeitosa “tamén tiña na súa poder a báscula e a saca de envoltorios para preparar as doses de cocaína” e que os cartos incautados no seu domicilio “procedían das vendas de drogas polo miúdo realizadas pola acusada”. Os maxistrados considerárona autora dun delito de tráfico de drogas que causan grave dano á saúde, concorrendo a circunstancia agravante de reincidencia A sentenza non é firme, pois cabe presentar recurso ante o TSXG.