Ourense cidade

O alcalde de ourense reclama unha xuntanza urxente a fomento

Non podemos permitir que un proxecto tan importante para a cidade se pare, advirte o alcalde de Ourense

ondacero.es

Ourense | 15.11.2018 09:32

Jesús Vazquez
Jesús Vazquez | Onda Cero

O alcalde de Ourense, Xesús Vazquez remitiulle unha carta ao Ministerio de fomento e ao Secretario de estado de infraestructuras na que reclama unha xuntanza "urxente" para despexar dúbidas sobre a variante norte. O rexedor lembra que o anterior goberno popular deixara o proxecto feito e listo para a sua licitación e pídelle ao goberno socialista do estado "que non nege o que é de xustiza para os 106.000 cidadáns".