O alcalde de Ourense, Agustín Fernández analiza se os criticos incumpliron algunhas obrigas

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández afirmou hoxe que está analizando se toma medidas contra os edis críticos que se ausentaron da xuntanza de grupo e da xunta de goberno na que ainda non aceptou a renuncia de Susana Bayo e María Devesa





ondacero.es

Ourense | 17.01.2014 14:30

alcalde ourense
alcalde ourense | onda cero

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández afirmou hoxe que está analizando se toma medidas pola ausencia dos concelleiros críticos da xuntanza de grupo de onte e tamén pola ausencia das edis Susana Bayo e María Devesa da xunta de goberno. Agustín Fernández asegurou que lle enviaron a correspondente xustificación que será analizada porque mentres non asine o decreto correspondente se lles considera que forman parte da Xunta de goberno. Calqueira outra cuestión, considera o alcalde que debe someterse ás decisions da executiva galega do Psoe. Para Agustin Fernández o máis importante é garantir a gobernabilidade polo que insiste en considerar un problema menor as discrepancias internas e suliña que no día a día incluso os edis discrepantes están a atender aos seus cometidos. Agustín Fernández falou tamen sobre a petición do PP da celebración dun pleno sobre o debate do estado da cidade e sinalou que non se nega a convocalo pero cando esté desenrolado o marco orgánico necesario.  O rexedor que tamén afirmou que o grupo de goberno intenta executar todalas mocions que se aproban en pleno porque son compromisos politicos ainda que non vinculantes xurídicamente