A acusación particular contra o Alcalde de Ourense, no caso de presunta prevaricación atribuída polo Xuiz por ter cobrado soldo público e manter ingresos privados sen ter permiso do pleno para elo ven de incrementar o número de delictos.
A acusación exercida polo ex edil de Democracia Ourensana, Telmo Ucha, formulou recurso de reforma e subsidiario de apelación expresando disconformidade coa resolución do Xuiz que soamente atibúe ó primeiro edil ourensán un presunto delicto de prevaricación, engadindo os presuntos delictos de malversación de caudais públicos e o de falsedade en documento público.
Aprecia o letrado da acusación particular que o Alcalde estivo cobrando do Concello un soldo por adicación exclusiva, mentres en paralelo exercía unha actividade privada remunerada. E por outro que faltou á verdade de xeito reiterado nas súas declaración oficiais nos rexistros de intereses ocultando tanto a súa actividade privada incompatible como parte do seu patrimonio inmobiliario real.
Piden polo tanto que o Xuiz Leonardo Álvarez replantexe a súa acusación ou que, de non ser así, resolva sobre elo a Audiencia Provincial.
Contra a acusación formulada inicialmente polo Xuiz o rexidor municipal ourensán tamén anunciara recurso.

