Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima que pasan por Pantón onde esta tarde será inaugurada a Mostra dos Viños. Alí estará a Asociación Trece Roeis que presenta cartel do Festival que van celebrar en Xuño e do que falamos con Blanca Tejero. Hoxe clausúrase o Encontrto de Sober que critican dende Interior Galego Vivo, explica os motivos Paula Vázquez Verao. No concello de A Pobra do Brollón a poeta Olga Novo e o arqueólogo Xurxo Ayán poñen en marcha unha campaña para recadar fondos cos que colaborar cunha Asociación que emigrantes deste concello crearon en Temperley, na Arxentina. Entre outros asuntos falamos tamén de libros, recomendacións de Susana González da Libraría Agrasar.
