En 2025 embotellouse na D.O Ribeira Sacra un 5% máis que en 2024, segundo datos facilitados polo presidente, Antonio Lombardía co que repasamos outras novas relacionadas con este sector que ten aberto o prazo para solicitar axudas polo mantemento da paisaxe que vén de presentar a Conselleira do Medio Rural, María José Gómez, á que tamén escoitamos. Falamos de turismo na Ribeira Sacra e recollemos balance da actividade realizada ao longo de 2025 por Máis que Románico, con Beatriz Pérez e María Abuín. Entre outros asuntos conversamos tamén co presidente do Club Lemos, Antonio López.
