Con Manola Porto

Más de Uno Monforte de Lemos 12/01/2026

Programa completo do 12/08/2026

Manuela Porto

Monforte de Lemos |

Ferido un veciño de Monforte golpeado por un tren de mercancías cando cruzaba o paso a nivel da Florida e en Tuiriz afectada por un incendio unha vivenda unifamiliar, son novas que repasamos neste programa que abrimos tamén coa última hora da manifestación convocada por Agromuralla en Lugo denunicando o acordo da Unión Europea con Mercosur. Famos con Santiago Rego, presidente de Gandeiros Galegos de Suprema. A Asociación de Veciños de O Saviñao reclama o concello a eliminación do vertedoiro que hai na capitalidade municipal e a posta en marcha dun Punto Limpo. Danos máis datos o voceiro da Asociación, Manuel Sarmiento. A Comisión de Festas de Carude é unha das moitas que se solidarizan coa de Villamanín, en León, onde venderon máis boletos de lotaría da que tiñan consignada, pensan os de Carude que é un erro que lle pode pasar a calquera. José Luis Váquez, é un dos membros da Comisión de Carude que prepara comparsa para o entroido, Festas de San Lázaro e nova edición do Carude Rock. Falamos de saúde bucodental con Mría José Martin e repasamos resultados dos partidos disputados esta fin de semana polos equipos da zona.