Abrimos repasando novas da actualidade máis próxima e a primeira conversa será con Fernando Hernández que prepara para este xoves a presentación da que é a súa terceira novela. O oso mandará esta tarde en Salcedo como é tradición cada luns de entroido, da última hora danos conta Lucas López presidente da Asociación de Veciños. E o Saviñao prepara para este martes desfile de entroido que repartirá de premio ceas en restaurantes locais, para saber máis conversamos co alcalde Carlos Armesto. Temos espazo adicado á saúde buco dental e hoxe falamos coa especialista Iria Domínguez e tempo tamén para repasar resultados dos partidos disputados esta fin de semana polos equipos locais.
