Fin de semana de entroido con moitas actividades que repasamos e afondamos no significado destas festas tradicionais conversando con Rafa Quintiá, un dos grandes investigadores dos entroidos galegos que pregoará o domingo do de Salcedo. Esperta Monforte presenta iniciativas que levará o pleno do día 23 en Monforte e que repasamos co voceiro deste grupo Germán Vázquez. Conversamos coa artista Lucía Pérez en plena campaña de promoción de novo traballo discográfico cando cumpre 15 anos da súa participación no Festival de Eurovisión e 20 de carreira musical. Entre outros asuntos, tamén falamos de libros con Susana González de Libraría Agrasar.
