Presentadas en Fitur as propostas turísticas da Ribeira Sacra. Falamos delas e do novo recoñecemento que vén de recibir este territorio, coa xerente do Consorcio Alexandra Seara. Sobre as orixes da Denominación de Orixe Ribeira Sacra fala o libro que presenta hoxe en Monforte José Mouriño. Con él falamos desta publicación. E este venres temos teatro en Monforte. Unha nova visión sobre Rosalía de Castro da Compañía Os Quinquilláns. Falamos desta montaxe coa actriz Tero Rodríguez. E o luns cumpriranse 25 anos do pasamento de Lois Pereiro. Preparan actos no Ateneo Casino que repasamos con Xosé Rodríguez. Co sarxento do Parque Comarcal de Bombeiros, Tomás López, falamos de rescates que teñen realizado nos últimos días, nuns casos de sendeiristas e noutros de persoas maiores accidentadas nos seus domicilios. E a directiva do Lemos fai un chamamento aos socios para que acudan a asamblea que teñen convocada este domingo. Falamos co presidente Óscar López.