Abrimos programa repasando incidencia da Covid nesta área sanitaria e repasa tamén o xerente da mesma, Ramón Ares como vai a campaña de vacinación. No espazo "Facendo Empresa" falamos da iniciativa que para emprendedores promove "España Creativa" entorno ao Camiño de Inverno. Conversamos coa presidenta da citada Asociación, Belén Díaz. Máis de 400 persoas viaxaron na ponte das Letras Galegas nos catamarans que a Deputación de Lugo ten nas rutas fluviais do Sil e o Miño, repasamos datos e outras iniciativas turísticas do organismo provincial coa deputada Pilar García. Conversamos con Isaac Rey presidente da Asociación Miau Lemos que se vén de poñer en marcha para atender as colonias de gatos que temos polas rúas monfortinas. Repasamos actividades que realizan. Entre outros asuntos, falamos tamén coa voceira do BNG de Pantón, Rosana Prieto Florines, que quere dar resposta ás críticas que lle facía o pasado venres o alcalde, neste mesmo programa a raíz de iniciativas que presentaron no último pleno do citado concello.