Monforte na Onda 02/10/2016

Monforte na Onda 02/10/2016

Pilar López, voceira do BNG en Monforte repasa iniciativas nas que traballa o seu grupo. Conversamos cunha das vendedoras do rastrillo do Parque dos Condes, Concepción Ojea, que forma parte da comisión que recolleu firmas de apoio a este mercado dominical . E no espazo "Facendo Empresa" hoxe coñecemos máis cousas da Xoiería Camilo co propietario, Ángel Pérez Vega.

Monforte na Onda 09/02/2016

Monforte na Onda 09/02/2016

A decisión de suspender o desfile de entroido en Monforte adoptouse por maioría pero non houbo unanimidade. Falamos desta xuntanza coa concelleira de cultura Marina Doutón. Tamén convidamos ao programa a concelleira de cultura do Saviñao, Beatriz Rois, para que nos conte qué van facer esta tarde co desfile de Escairón. E xa que estamos a martes de entroido repasaremos 20 anos de historia da comparsa de A Corredoira, con Mónica Rodriguez e entrevistamos a Mario Docasar secretario xeral da intercomarcal Lemos-Valdeorras da UGT, sindicato que acadou a maior porcentaxe de delegados de toda España no último proceso de eleccións sindicais.

Monforte na Onda 08/02/2016

Monforte na Onda 08/02/2016

Como cada luns de entroido manda o oso en Salcedo! Falamos desta tradición con Felipe Castro, da Asociación de veciños de Salcedo e cos investigadores franceses Yvon e Ange Marie Dupoy que investigan entroidos tradicionais de toda Europa e tamén o de Salcedo. No programa entrevistamos tamén o deputado socialista Vicente Docasar, a voceira do BNG de Monforte, Pilar López, e a Dani de la Torre que nos contará como viviu a gala de Los Goya, e os dous premios que recibiu "El Desconocido", e como se prepara para ser o "Compadre" do "Estase Cocendo" que se presenta este venres no Centro do Viño.

Monforte na Onda 05/02/2016

Monforte na Onda 05/02/2016

O monfortino Dani de La Torre encetaba semana recollendo premios e oxalá termine de igual maneira. Falamos con el para que nos conte como se prepara para a cerimonia de los Goya. A súa primeira película, El Desconocido, aspira a 8 nominacións. Ademáis no programa de hoxe repasamos actividades de entroido que se preparan para esta fin de semana polo sur de Lugo e entrevistamos ao director do hospital comarcal, Antonio Acevedo, que hoxe repasa actividade de 2015.

Monforte na Onda 04/02/2016

Monforte na Onda 04/02/2016

No programa de hoxe falamos do xoves de comadres e contámoslle que se fixo por Monforte e outros puntos da comarca conversando con xente que trata de manter viva esta tradición. Repasamos actividade municipal de Monforte conversando co alcalde, José Tomé Roca. E tamén entrevistamos ao inspector xefe da comisaria monfortina, Juan Mariñas.

Monforte na Onda 03/02/2016

Monforte na Onda 03/02/2016

Hoxe celébrase a festa de San Brais. Para repasar ritos e tradicións desta popular festa monfortina iremos ata un colexio, unha pastelería e ata a igrexa de San Vicente. "Faremos empresa" con Xosé Manuel Fernández de "Hermanager Producións" e contarémoslle que atoparán, desta zona sur de Lugo na Mostra Xantar que se inaugura hoxe.

Monforte na Onda 02/02/2016

Monforte na Onda 02/02/2016

Hoxe abrimos programa entrevistando á xerente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Alexandra Seara, que estará promocionando a zona a partir de mañá en Xantar, en Ourense. Falamos tamén con ela da financiación do Consorcio. Co alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, repasaremos rutas de sendeirismo sobre as que veñen de editar unha guía e da Feira do Viño que preparan para finais de marzo. Repasamos actividades culturais que programan no Concello de Bóveda conversando coa animadora socio cultural, Miriam Palmón. E co párroco de San Vicente, Rafael Mella, buscaremos a última hora sobre a festa do San Brais que celebraremos mañá en Monforte.

Monforte na Onda 01/02/2016

Monforte na Onda 01/02/2016

No programa de hoxe falamos do Clube Quixós, homenaxeado a nivel nacional pola súa traxectoria. Falamos diso con Santiago Díaz Rodríguez. Co presidente do CRDORS repasamos modificacións que se van a incluír no regulamento do Consello e coa secretaria da Asociación Profesional Ribeira Sacra Rural , Susana Conde, abordaremos a disolución desta Asociación.

Monforte na Onda 29/01/2016

Monforte na Onda 29/01/2016

No programa de hoxe falamos con Sandra Fernández García, do colectivo Lucecús, para que nos conte algo máis da Mostra de Fotografía que estan organizando adicada ás mulleres da Ribeira Sacra. Con Manuel Sarmiento, voceiro da Asociación de Veciños de O Saviñao, falaremos do "Patrimonio Ribeirao" sobre o que estivo investigando un dos socios da asociación, Enrique Pérez Losada. E Beatriz Vila, da Asociación de Hostalería, presentaranos o "Tablazo" especial que preparan para o xoves de comadres.

Monforte na Onda 28/01/2016

Monforte na Onda 28/01/2016

Falamos dos compadres que hoxe abren oficialmente o entroido no Val de Lemos. Do intercambio que con alumnos franceses leva a cabo o colexio dos Escolapios. Coa voceira do PP en Monforte, Julia Rodríguez, sobre o plan de seguridade vial que reclaman para Monforte. Co deputado socialista Vicente Docasar falaremos do resultado dunha interpelación sobre a supresión de barreiras no edificio sindical e entrevistamos ao presidente do CRDORS, José Manuel Rodríguez, que prepara para este sábado pleno do Consello.