Monforte na Onda 27/01/2016

Monforte na Onda 27/01/2016

Hoxe no espazo "Facendo empresa" conversamos con Roberto Díaz Fernández de "Recambios Roberto", unha empresa que leva aberta en Monforte dende o ano 1988 e da que descubriremos máis a partir das 13:00h. Falaremos co alcalde de Monforte, José Tomé Roca, recien chegado de Bruxelas e co director xeral do IGAPE, Javier Aguilera.

Monforte na Onda 26/01/2016

Monforte na Onda 26/01/2016

O Consorcio Turístico da Ribeira Sacra fai balance moi positivo da presenza en Fitur onde presentaron con grande éxito a "Ruta dos Murais" No programa de hoxe conversamos coa xerente do Consorcio, Alexandra Seara. Entrevistamos ao director do Hospital Comarcal, Antonio Acevedo, á voceira do BNG en Monforte, Pilar López e tamén buscaremos a última hora sobre o entroido de Salcedo conversando con membros da organización, Felipe Castro e Marisa Defente.

Monforte na Onda 25/01/2016

Monforte na Onda 25/01/2016

Falamos no programa de hoxe do acto homenaxe a Manuel María celebrado o sábado no Centro do Viño e organizado polos concellos de Pantón e Sober. A historiadora Flora Enríquez foi a encargada da presentación e hoxe conversamos con ela. Entrevistamos a Aida Menéndez, reelexida onte presidenta da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra. E repasaremos coa presidenta da Fundación Semente Monforte, Sara Fernández, o acto que co IGAPE organizan esta tarde en Monforte para dar a coñecer liñas de axuda a emprendedores.

Monforte na Onda 22/01/2016

Monforte na Onda 22/01/2016

A sorte sigue rondando o sur de Lugo. O sorteo de onte deixou 300.000€. Falamos con Rocio Blanco responsable da administración que vendeu unha serie do número premiado. Entrevistamos ao alcalde de Monforte, José Tomé Roca que hoxe supervisaba traballos de limpeza na zona de A Pinguela. Con Juan Carlos González falamos do Entroido Ribeirao que arranca este domingo. Con Mónica Álvarez falamos do novo vehículo que recibe Agora e entre outros asuntos, buscamos a última hora do "Tablazo" con Beatriz Vila.

Monforte na Onda 21/01/2016

Monforte na Onda 21/01/2016

Abrimos programa conversando con Maribel García de Esperta Monforte. Martin Alemparte, xerente do GDR Ribeira Sacra repasa xestión feita co último Plan Leader e a concelleira de cultura de Monforte, Marina Doutón, fálanos dos concursos que preparan para o entroido.

Monforte na Onda 20/01/2016

Monforte na Onda 20/01/2016

Este mércores no espazo "Facendo Empresa" entrevistamos a Mª Carmen González Mouzo, propietaria de O Salgueiral, unha das zapatillerías máis antigas de Monforte. A bibliotecaria de Sober, Julia Fernández, repasa un ano de actividade no "Faladoiro dos luns". O responsable comarcal da UGT, Mario Docasar, repasa resultados das eleccións sindicais e Cheché Real, presidente da Aphel lévanos ata Fitur onde presentan nova guía gastronómica e turística da provincia de Lugo.

Monforte na Onda 19/01/2016

Monforte na Onda 19/01/2016

Hoxe cruzamos o río Sil para empezar o programa no Concello de Castro Caldelas que se prepara para celebrar esta noite a Queima dos Fachós. Falamos desta festa coa alcaldesa Inés Vega Núñez. Repasamos coa alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, as últimas novas relacionadas coa Feira do viño de Amandi, na que hai xa 24 adegueiros interesados en participar e que será presentada o 20 de febreiro no entorno do Muíños do Xabrega. E convidamos tamén ao programa de hoxe ao director do IES A Pinguela, Enrique Sampil, para falar do ciclo de charlas que teñen en marcha.

Monforte na Onda 18/01/2016

Monforte na Onda 18/01/2016

Este luns falaremos con Raquel Doallo de "Cestola na Cachola" sobre os murais que estan pintando pola Ribeira Sacra. Con Jorge Vila da Asociación de Amigos do Patrimonio de Lemos, repasaremos as características que fan única a muralla de ‪‎Monforte‬. Aida Menéndez da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago pola Ribeira Sacra contaranos novas iniciativas que poñen en marcha relacionadas coa protección da ruta e a deputada popular Julia Rodriguez presenta unha proposición non de lei na que reclama facer acceso dende a N.120 ata o polígono de O Reboredo.

Monforte na Onda 15/01/2016

Monforte na Onda 15/01/2016

No programa de hoxe entrevistamos ao escritor Xabier Quiroga que este sábado presenta o seu último libro, "Izan o da saca" no Circulo Saviñao . Preguntamos á voceira do BNG en Monforte, Pilar López, polo resultado da reunión que mantiveron con vendedores do Rastrillo do Parque dos Condes e convidámolos a participar do "Tablazo" e dos "Cantos de Taberna" conversando con Geni Barbagelata e Monse Rodriguez.

Monforte na Onda 14/01/2016

Monforte na Onda 14/01/2016

Atopada morta a veciña que se buscaba no concello de Pantón. Danos máis datos o alcalde José Luis Álvarez. Entrevistamos ao analista Antón Losada que estará de conferenciante na Galería Sargadelos. "O Tablazo" que arranca hoxe, mañá estará acompañado de "Cantos de Taberna" . Fálanos delo a delegada da Aphel Bea Vila. E rematamos programa repasando novas do concello de Bóveda co alcalde, José Manuel Arias.