Monforte na Onda 24/02/2016

Monforte na Onda 24/02/2016

Lectura pública de textos de Rosalía de Castro na biblioteca municipal de ‪‎Monforte‬. Falamos desto coa concelleira de cultura Marina Doutón. Co alcalde monfortino, José Tomé Roca, repasamos o acordado coa Xunta para solucionar os problemas de saneamento no porto seco. Resumimos como foi a entrega de premios da Cata Concurso de Viños "Patrimonio Ribeira Sacra" con Luis Buitrón, presidente da Asociación Galega de Enólogos, coorganizaora da actividade, e no espazo "Facendo Empresa" hoxe conversamos con Pablo Rodriguez do Supermercado Mar y Cielo de Monforte.

Monforte na Onda 23/02/2016

Monforte na Onda 23/02/2016

Hoxe en Onda Cero Monforte conversamos con Bruna Vilas, estudante portuguesa que veu de Erasmus á ‪‎RibeiraSacra‬ para completar no Centro do Viño da Ribeira Sacra un Máster de Turismo, Territorio e Patrimonio. É noticia tamén hoxe este Centro porque ás 17:00h entregan os premios "Patrimonio Ribeira Sacra". Repasamos acto e cata cun dos responsables, José R.M.Mareque. Atendemos a novas do concello de A Pobra do Brollón conversando co alcalde, Xosé Lois Maceda, e con Andrea Jones falamos do rastrillo do Parque dos Condes.

Monforte na Onda 22/02/2016

Monforte na Onda 22/02/2016

Entrevistamos alumnos e unha profesora do IES Daviña Rei que nos presentan un "MetroMinuto" que elaboraron con lugares de interese da cidade de Monforte. Co alcalde de Sober repasamos actos que preparan para a Feira do Viño de Amandi e outras actividades previas, e buscamos a última hora sobre o congreso provincial do PP conversando con seguidores de cada unha das candidaturas.

Monforte na Onda 19/02/2016

Monforte na Onda 19/02/2016

Todo preparado para celebrar este domingo, día 21 de febreiro, no Concello Monforte de Lemos o Desfile de Disfraces e Comparsas. O luns día 22 rematará o entroido co Enterro da Sardiña. Falamos destas actividades coa concelleira de cultura Marina Doutón. E onte entrevistamos a delegada Territorial da Xunta, Raquel Arias, aspirante a presidir o PP na provincia de Lugo, hoxe turno para a súa contrincante, a alcaldesa de Mondoñedo e voceira do grupo provincial do PP Elena Candia. Son entre outros, asuntos que abordamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 18/02/2016

Monforte na Onda 18/02/2016

Finou "O Crego" o artesá de instrumentos musicais Guillermo Álvarez Vázquez. Lembrarémolo no programa de hoxe conversando con Roberto Múñoz, un dos seus compañeiros na Rondalla Benfeita da que formou parte máis de 20 anos. Entrevistamos á delegada da Xunta en Lugo, Raquel Arias, unha das candidatas a presidir o PP na provincia. Entre outros asuntos, repasaremos como foi a viaxe simbólica que entre ‪‎Lugo‬ e ‪Monforte fixeron políticos, representantes do mundo empresarial, social e sindical da provincia, reclamando melloras ferroviarias. Acto reivindicativo que rematou na estación monfortina e que organizou a Plataforma "Lugo non perdas o tren".

Monforte na Onda 17/02/2016

Monforte na Onda 17/02/2016

A fabada do Bar Plaza de Monforte é semifinalista do concurso "La Mejor Fabada del Mundo", Luis Francisco Villar é o responsable e convidámolo o programa para que nos fale deste concurso. Entrevistamos ao modelo Adriano López Vázquez que en maio representará a España no Certame Míster Imperial. Entre outras cousas, no espazo "Facendo Empresa", hoxe presentámoslle a Lucia Lamas do "Centro de Yoga Ganesha".

Monforte na Onda 16/02/2016

Monforte na Onda 16/02/2016

José Carlos Quiroga é o autor do cartel que promociona a Feira Medieval de Monforte. Fálanos del no programa de hoxe e adiántanos que prepara un cómic histórico sobre o medievo nas Terras de Lemos. Entrevistamos ao doutor López Castro que coordina unha sesión clínica sobre antibióticos que terá lugar esta tarde no hospital comarcal. Repasaremos o que deu de si a presentación do "Estase Cocendo" e lembramos que hoxe o poeta Lois Pereiro cumpriría 58 anos e que un grupo de xente lle prepara homenaxes en diversos lugares do planeta. Falamos delo co seu irmán e xornalista Xosé Manuel Pereiro.

Monforte na Onda 15/02/2016

Monforte na Onda 15/02/2016

Ata 1.400 metros cúbicos de auga por segundo chegou a aliviar algún dos encoros desta zona sur de Lugo esta fin de semana. Falamos deste asunto co presidente da Confederación Hidrográfica Miño- Sil Francisco Marin. Iremos ata o Concello de Ribas de Sil para que o acalde, Miguel Sotuela, nos conte a última hora das inundacións que hai en San Clodio. Falamos co secretario comarcal da UGT, Mario Docasar, da recollida de firmas que hoxe e maña leva a cabo no Concello de Monforte de Lemos para apoiar unha ILP por unha renta mínima para desempregados. Repasamos iniciativas que relacionadas cos accesos ao Porto Seco presenta no Parlamento o Deputado Vicente Docasar. Facemos balance co alcalde José Luis Álvarez, da festa de entroido celebrada o sábado no Concello de Pantón. E o presidente do Consorcio Turístico da Ribeira Sacra, Luis Fernández Guitián, preguntamos sobre a candidatura da ‎Ribeira Sacra‬ como Patrimonio da Humanidade.

Monforte na Onda 12/02/2016

Monforte na Onda 12/02/2016

Dani De La Torre Alvaredo exercerá de compadre na VIII edición do "Estase Cocendo" que será presentado este venres ás 18.30h no Centro do Viño da Ribeira Sacra. Falamos desta actividadade no programa de hoxe coa delegada da Apehl para a zona sur, Beatriz Vila. Co alcalde do Concello de Monforte de Lemos, José Tomé, coñeceremos como vai a elaboración da ordenanza que regulará o rastrillo do Parque dos Condes, sobre a que onte falou coas voceiras da oposición. E iremos ata Pantón con Javier González, para falar do desfile de entroido que manteñen para este sábado.

Monforte na Onda 11/02/2016

Monforte na Onda 11/02/2016

No programa de hoxe repasamos actividades que prepara o CCU Monforte para celebrar o día de San Valentín coa presidenta Mª José Senra e o xerente Angel Folgueira. Entrevistamos á voceira do PP de Monforte, a deputada Julia Rodriguez. Falaremos do cartel que vai anunciar a Feira do Viño de Amandi e con Jesús González buscaremos curiosidades do libro de relatos "Producto de mi autocastigo", que presenta este venres na Librería Agrasar Monforte de Lemos