Política

Martiño Noriega: "A recuperación da confianza e a cicatrización das feridas entre o BNG e Anova é un feito"

Simbólica e emocional. Así cualificaba o coordinador Nacional de Anova, Martiño Noriega o acordo para apoiar ao BNG cara o 18F. Na Brújula de Galicia Noriega, indicaba que 12 anos despois da ruptura do BNG en Amio a recuperación da confianza e a cicatrización das feridas "é un feito".

Marta Rodríguez

Santiago de Compostla | 15.01.2024 18:57

Sobre si o BNG pode volver a ser a casa común do soberanismo galego indicaba NOriega que só o tempo o dirá. Tanto Noriega como Xosé Manuel Beiras poden participar na campaña electoral, pero Iso será algo que defina o propio BNG, dicía. Noriega desexáballe o mellor a Sumar, cuxa candidata á presidenta fora a súa tenente de alcalde en Santiago Marta Lois, pero indicaba que o tempo de alianzas co que chama "esquerda federalista" rematou.