Ideas da Xunta para o uso das Torres de Meirás

Román Rodríguez: "Ninguén quere que sexa o Pazo de Franco, sinón que sexa o Pazo de doña Emilia"

O Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, presentou as bases de uso para as Torres de Meirás que proporá a Xunta de Galicia. Trátase de catro líñas de acción, nas que se quere conseguir que Meirás sexa identificado máis porlo Pazo de doña Emilia Pardo Bazán que polo Pazo de Franco.

Alberto Gómez Barros

A Coruña | 11.12.2020 14:33 (Publicado 11.12.2020 12:35)

Catro son as líñas do documento que propón a Xunta de Galicia ó resto de administracións que van traballar para concretar a líña definitiva do uso do Pazo de Meirás. Como insistiu o Conselleiro de Cultura, Román Rodríguez, trátase dun documento aberto. Pero deixa claras as intencións da Xunta sobre o uso a dar ó Pazo: Poñer en valor a figura de Emilia Pardo Bazán, dende a perspectiva de creadora cultural e tamén de pioneira da igualdade. Pero sen esquecer a figura de Franco, destacando que os valores da democracia están por encima das dictaduras.

Así as cousas, dende a Xunta propoñen catro líñas de acción para o uso do Pazo:

1. Apertura do Pazo á cidadanía, facendo de él un Museo. Ademáis, con programación didáctica, con visitas de escolares para o coñecemento da figura de Emilia Pardo Bazán, promocionando a sua vea cultural, igualitaria e democrática.

2. Centro de creación cultural e artística. Mesmo para dinamizar o sector cultural e facer de él un espacio de innovación

3. Lugar de emprendemento e investigación para reivindicar a figura de Emilia Pardo Bazán como persona que fomentou a igualdade. Crear no Pazo un Foro para ideas que promovan a igualdade entre as persoas.

4. Xardín da Liberdade. Aquí destacan a cantidade de espacios verdes que sirvan para lembrar mesmo as personas represaliadas e poñer en valor a democracia.

Preguntado sobre as posibles interpretacións que se lle poidan dar as propostas de Xunta, insistiu Román Rodríguez que non hai nin cuotas para lembrar a Emilia Pardo Bazán e a Franco. O obxectivo e convertir as Torres de Meiras no Pazo de Emilia Pardo Bazán e non no Pazo de Franco.

Ainda así, ainda queda camiño por percorrer. Tanto nos tribunais, ata que chegue a sentencia definitiva da propiedade do Estado, tanto nas xuntanzas que deberán realizar as diferentes administracións, contando tamén con colectivos que pelexaron porque o Pazo voltara ás mans da cidadanía, para poder facer realidade a presencia de xente visitando o Pazo de Meirás.