Presentaron alegacións ante a Consellería de Ambiente

Sumar levará ó goberno de Madrid a oposición á planta de Biogás da Laracha

Co deputado Manolo Lago á fronte, SUMAR amosou o seu apoio ó colectivo veciñal que se opón á planta de Biogás proxectada en Soandres, na Laracha. Apuntan dende SUMAR que non se opoñen á transición ecolóxica, pero consideran que esta planta ven con perxuicios ambientais e de saúde da veciñanza, sobre todo no río Anllóns, e o Valiñas, ademáis de afectacións sobre o territorio. Por iso presentaron as correspondentes alegacións ante a Consellería de Medio Ambiente, ó tempo que coa representación que ten SUMAR mesmo no goberno central, vai presionar para frear este proxecto na negociación dos presupostos anunciados por Pedro Sánchez para 2027.

Alberto Gómez Barros

A Coruña |

SUMAR apoiará a oposición á planta de Biogás da Laracha