Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

08/05/2020 14:29

Más de Uno Pontevedra (08-05-2020)

A última hora sobre o coronavirus e a súa incidencia en Pontevedra centra a nosa atención na primeira parte do programa. Como cada venres, resumimos a semana en sons e palabras e buscamos a actualidade deportiva con Rubén Rey. Os paseos e os camiñantes son os protagonistas dun novo "venres de conto" coa mestra e escritora Carmen Quinteiro. Ademais, marcamos unha axenda cultural para a fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

06/05/2020 14:27

Más de Uno Pontevedra (06-05-2020)

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co presidente de AJE Pontevedra, Jesús Rey. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa presidenta da AECC Pontevedra, Mª Carmen Abeledo, para coñecer o obxectivo da carreira virtual que puxeron en marcha. Ademais, completamos o programa en compañía de Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

30/04/2020 14:28

Más de Uno Pontevedra (30-04-2020)

Comezamos o programa cos datos actualizados neste último día do mes de abril e comentando a actualidade co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da Denominación de Orixe Rías Baixas e conversamos coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva. Buscamos a previsión metereolóxica e temos cita coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

22/04/2020 14:44

Más de Uno Pontevedra (22-04-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día nesta crise do coronavirus e comentando con Juan de Sola a valoración desde a FANPA da posibilidade que os nenos e nenas terán a partir do domingo de saír a pasear. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista coa pontevedresa Marta Pazos, directora teatral á fronte da compañía "Voadora". Ademais, rematamos o programa en compañía de Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

16/04/2020 14:21

Más de Uno Pontevedra (16-04-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando coa presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, sobre a Mesa Provincial de Turismo celebrada esta mañá. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista sobre mobilidade con Quique Pérez desde "Pedaladas". Ademais, rematamos o programa en compañía de Raquel Pedrouso e unha nova convidada: Ana Mirou, artesá coa que falamos de creatividade desde o confinamento.

Onda Cero Pontevedra

08/04/2020 14:55

Más de Uno Pontevedra (08-04-2020)

Comezamos o programa repasando a actualidade do día, buscando a previsión metereolóxica e conversando con Paloma Castro, concelleira de Benestar Social en Pontevedra. No tempo da entrevista falamos da situación do sector cultural e da campaña #NonNosCanceles con Pilar Portela, directora do Pazo da Cultura e presidenta da Asociación Galega de Profesionais da Xestión Cultural. Ademais, completamos o programa citándonos con Raquel Pedrouso e un convidado máis: o psicólogo Félix Castillo.

Onda Cero Pontevedra

02/04/2020 14:34

Más de Uno Pontevedra (02-04-2020)

Neste xoves segue aumentando o número de pacientes curados de coronavirus na Área Sanitaria de Pontevedra: son 32 as altas hospitalarias, un dato que salientamos na primeira parte do programa. Ademais, concedemos protagonismo ao sector da viticultura da man do Consello Regulador da DO Rías Baixas e buscamos a previsión metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos coa presidente da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, e completamos o programa falando de educación, creatividade e xestión emocional con Raquel Pedrouso

Onda Cero Pontevedra

25/03/2020 14:23

Onda Cero Pontevedra

25/03/2020 14:23

Más de Uno Pontevedra (25-03-2020)

Comezamos o programa coa actualidade do día e conversando co médico e portavoz do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Visitamos a través da radio o Mercado de Abastos pontevedrés coa concelleira de Promoción Económica, Yoya Blanco. Concedemos protagonismo ao mundo do deporte tralo aprazamento dos Xogos Olímpicos e conversamos coa atleta internacional Solange Pereira. Ademais, completamos o programa coa voz amiga de Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

09/10/2019 14:54

Más de Uno Pontevedra (09-10-2019)

O inicio do programa trae a actualidade do día e a previsión metereolóxica para as vindeiras horas. Abrimos tempo de entrevista coa conselleira de Medio Ambiente da Xunta de Galicia, Ángeles Vázquez, e sometemos ao noso cuestionario persoal ao concelleiro pontevedrés Guillermo Juncal. Ademais, falamos de compostaxe da man da Deputación de Pontevedra e do seu "Plan Revitaliza" e completamos o programa coa visita de Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

10/07/2019 06:00

Pontevedra en la Onda (10-07-2019)

Abrimos o programa coa actualidade do día, escoitando o que a rúa responde e buscando a información metereolóxica. No tempo da entrevista conversamos co delegado da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís e recibimos a visita da nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso. Completamos o programa coas "Enfermeiras eventuais en loita" que esta semana estrean unha nova acción reivindicativa: "12 meses, 12 loitas".