Cada mércores, os políticos pontevedreses sométense ao cuestionario persoal de Susana Pedreira. Nesta ocasión, coñecemos mellor a Guillermo Meijón, deputado do PSOE no Congreso dos Deputados.
O inicio do programa trae a actualidade do día e nova información sobre o plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra. Buscamos a previsión metereolóxica e abrimos tempo de entrevista co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Ademais, hoxe sometemos ao noso cuestionario persoal ao concelleiro socialista Iván Puentes. Rematamos o programa "entre dúas augas" con Rena Ortega.
Comezamos o programa repasando a actualidade do día e da semana que despedimos. Enredámonos con Javier Arnau e buscamos a predicción do tempo para a fin de semana que temos por diante. Ademais, marcamos una completa axenda cultural, festiva e de ocio con protagonismo para a cidade de Pontevedra, Barro, Cuntis e Lalín.
Comezamos o programa repasando a actualidade e conversando co portavoz do PSdG en Pontevedra, Tino Fernández. nesta xornada de martes na que tivo lugar a primeira reunión formal co BNG para chegar a un pacto de goberno. Buscamos a previsión metereolóxica e falamos con Alberto Garnil desde a organización de "Fluor", o primeiro Congreso Atlántico de Marketing Dixital que este xoves comeza en Pontevedra. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios e completamos o programa coa historia do centenario carballo de Santa Margarida que os comuneiros de Mourente queren salvar.