Presentación

Entre micros e libros en Cronopios

12/04/2022 14:51

Berta Dávila: "Os afectos cos fillos e cos pais sempre van aparellados con certas culpas"

A nosa radio lectora volve á Librería Cronopios para citarnos coa escritora galega, Berta Dávila. "Os seres queridos" é a súa última novela, gañadora do Premio Xerais e editada tamén en castelán por Destino. Falamos de maternidade, da identidade propia, da complexidade dos vínculos cos nosos seres queridos e das palabras que nomean as cousas para romper o silencio

CON SUSANA PEDREIRA

12/04/2022 14:03

Más de Uno Pontevedra 12/04/2022

Abrimos o programa coa actualidade do día e conversando co portavoz municipal do PP en Pontevedra, Rafa Domínguez. Buscamos a información metereolóxica para as vindeiras horas e, como cada martes, volvemos ao Hotel Rías Bajas co almorzo informativo semanal, hoxe o noso convidado é o alcalde de Vilagarcía de Arousa, Alberto Varela. Ademais, o noso espazo Cronopios recibe a visita da escritora Berta Dávila para presentar a súa novela "Os seres queridos".