onda cero monforte

Monforte na Onda 10/03/2016

10/03/2016 19:12

Monforte na Onda 10/03/2016

Abrimos programa hoxe coa presidenta e o xerente do CCU de Monforte que nos contan actividades de promoción do comercio local que teñen preparadas para os próximos días e entrevistamos a un dos organizadores da homenaxe o Pai Esteban Martínez, o ex alumno Abel Veiga, que repasa os actos que proxectan para o 23 de abril. Da actualidade do día recollemos tamén un proxecto europeo que lidera o Concello de Sober para poñer en valor os recursos forestais.

Monforte na Onda 09/03/2016

09/03/2016 15:10

Monforte na Onda 09/03/2016

Entrevistamos hoxe ao Conselleiro de Política Social, José Manuel Rey Varela, para que nos explique o proxecto de Centro Ocupacional que van poñer en marcha en Monforte. O ex alcalde Severino Rodríguez, valora a iniciativa en nome de pais e nais do C.E.E. Infanta Elena e fálanos do concurso empresarial que promove a Fundación Semente. Repasamos que se prepara para homenaxear o Pai Esteban Martínez e entre outras cousas, no espazo "Facendo Empresa", coñecemos a José Luis Otero e Iván Gómez, dous mozos emprendedores que apostan por facerse autónomos.

Monforte na Onda 08/03/2016

08/03/2016 16:24

Monforte na Onda 08/03/2016

No programa de hoxe repasamos a situación da muller na zona sur de Lugo conversando coa asesora laboral da UGT, Berta Milia, e o secretario do sindicato, Mario Docasar. Entrevistamos tamén a Rosa María Rodriguez Ramos, axudante ferroviaria homenaxeada por mor de esta celebración, e a atleta Saleta Fernández récord galego de salto de altura no Campionato Nacional. E co deputado socialista Vicente Docasar repasamos iniciativas que presenta este mércores no Parlamento Galego. Escoitamos tamén que pensan os nen@ da celebración do Día da Muller.

Monforte na Onda 06/03/2016

07/03/2016 14:29

Monforte na Onda 06/03/2016

Abrimos hoxe programación local conversando coa nova presidenta do PP de Lugo, Elena Candia. Entrevistamos tamén a Marina Doutón, concelleira responsable da área da Muller no Concello de Monforte de Lemos para repasar actividades que teñen programandas para conmemorar o ‪ Dia Internacional da Muller‬ e coñecemos algo máis do proxecto empresarial e-Monte, gañador da 1ª edición do Concurso de Proxectos Empresariais da Fundación Semente de Monforte, conversando con Victor Rivas, un dos promotores.

Monforte na Onda 04/03/2016

04/03/2016 15:09

Monforte na Onda 04/03/2016

Conversamos con ‪‎Xoán Cannas‬ director do Instituto Galego do Viño sobre os ‪Premios que entregarán o luns e os que aspiran viños feitos na Ribeira Sacra. As xornadas gastronómicas do Cocido adícanse este sábado a cocidos de diversos puntos de España e Portugal, fálanos da iniciativa Beatriz Vila, delegada da Apelh. Entre outras cousas, rematamos hoxe co concurso de vales para traxes medievais.

Monforte na Onda 03/03/2016

03/03/2016 18:03

Monforte na Onda 03/03/2016

Recuperamos este xoves o espazo "Facendo Empresa" e conversamos co xerente da adega Via Romana, Juan Luis Méndez. Falamos da adega como empresa e do "Desafío" que patrocinan esta fin de semana, unha carreira entre viñas, pioneira en Galicia. A UGT denunciou a empresa adxudicataria do mantenemento da N120 por despido improcedente. Cóntanolo o secretario comarcal da UGT, Mario Docasar e un dos traballadores despedidos, Francisco Soria. O representante da UGT analiza tamén o paro do mes de febreiro con 4.707 desempregados na zona sur de Lugo. E co barista Damián Seijas falamos do obradoiro de cócteles con viño de Amandi que dirixirá en Sober.

Monforte na Onda 02/03/2016

02/03/2016 15:23

Monforte na Onda 02/03/2016

O hospital comarcal de Monforte é o primeiro centro do Sergas na provincia que implanta o rexistro telemático dos bebés que nacen nel. Levan rexistrado 8. Cóntanolo Javier Fernández, unha das persoas que atende o servizo. O hoxe arranca o mes do Amandi no Concello de Sober, con maridaxe de viño de Amandi e porco celta, un dos mestres da Escola de Hostaleria de Rosende, David Cidre, fala da experiencia. Son algún dos asuntos que repasamos no programa de hoxe.

Monforte na Onda 01/03/2016

01/03/2016 19:39

Monforte na Onda 01/03/2016

01/03/2016 19:39

Monforte na Onda 01/03/2016

Repasamos acordos do pleno celebrado onte en Monforte conversando co alcalde, José Tomé. De actualidade está tamén o Concello de O Saviñao onde foi aprovado un presuposto de 2,5 millons de euros, falamos delo co rexedor do citado concello, Joaquín González. Entre outros asuntos, preguntamos ao enólogo Luis Guitiérrez como lle foi a cata de viños da D.O. Ribeira Sacra que realizou esta maña para a guía Robert Parker's Wine Advocate.

Monforte na Onda 29/02/2016

29/02/2016 16:19

Monforte na Onda 29/02/2016

Entrevistamos este luns á presidenta de PLADESAPU. Denuncia que remitan o hospital de Lugo intervencións que se viñan facendo no de Monforte. Antía Nieves Rodriguez voceira do BNG no concello de O Saviñao explica o voto encontra do seu partido aos orzamentos municipais. Este martes celebran no CEIP A Gándara xornada de portas abertas e cóntanos por que o xefe de estudos, Oscar González, a qué preguntamos polo distintivo de calidade que solicitaron ao Ministerio de Educación, Cultura e Deporte. E entre outras cousas, tempo tamén no programa de hoxe, para conversar con Maximiliano López, autor dos cadros que se veremos na Galería Sargadelos a partir deste martes e ata finais de mes.

Monforte na Onda 26/02/2016

26/02/2016 15:39

Monforte na Onda 26/02/2016

Este venres cata de calificación da última colleita da D.O. Ribeira Sacra. Conversamos con Miguel Sotuela, o rexedor do concello anfitrión deste evento e co pte do C.R. José Manuel Rodriguez. Atendemos o concurso de fotos do colectivo Lucecús, con Estela Martínez. Falamos de cocido por partida dobre: O Estase Concendo e do Día Internacional do Cocido que se celebra este sábado, con Beatriz Vila e Kris Pereira's. E con Tito Asorey de Teatro Muxicas falamos desta compañía que promove a ONCE e da obra que este sábado representan en Monforte.