lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

05/07/2016 14:33

Pontevedra en la Onda (05-07-2016)

Este martes atendemos as cifras do desemprego co secretario comarcal de CC.OO, José Luis García Pedrosa. Tamén, analizamos os primeiros datos de ocupación en Pontevedra e comarca. Neste sentido, repasamos algunhas propostas para disfrutar, navegando, de entornos das Rías Baixas. E pechamos abrindo os libros coas recomendacións que nos chegan dende as estanterías de Cronopios.

Onda Cero Pontevedra

22/06/2016 14:13

Pontevedra en la Onda (22-06-2016)

Comezamos repasando a actualidade da xornada e buscando a predicción metereolóxica coa mente na noite de San Xoán que mañá celebrarán en Poio de forma especial. Co alcalde desa localidade almorzamos desde A DEVESA, Luciano Sobral é esta semana o noso convidado. E ímonos de festival inaugurando o programa de "Rías Baixas Fest" en Caldas de Reis cunha nova edición de CULTURA QUENTE.

Onda Cero Pontevedra

09/06/2016 14:34

Pontevedra en la Onda (09-06-2016)

A actualidade local está marcada polo inicio da obra civil para a instalación de composteiros no barrio de Monteporreiro, cuestión que analizamos no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos coa nova portavoz do PSdG no Parlamento de Galicia, a pontevedresa Patricia Vilán. E, como cada xoves, buscamos calidade pola nosa provincia e facemos hoxe parada no Morrazo para sumarnos á feira EcoBueu deste domingo.

Onda Cero Pontevedra

07/06/2016 14:09

Pontevedra en la Onda (07-06-2016)

Comezamos repasando a actualidade da xornada en plena conta atrás para o inicio da campaña electoral do 26-J hoxe con protagonismo en Pontevedra para Ciudadanos e o BNG. No tempo do almorzo informativo desde A Devesa seguimos recibindo a alcaldes que cumpren un ano no cargo, hoxe Rafael Cuiña, alcalde de Lalín, é o noso convidado. E, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares coas recomendacións da librería Cronopios da man de Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

24/05/2016 14:44

Pontevedra en la Onda (24-05-2016)

Comezamos o programa facéndonos eco dun estudo sobre a contaminación da Ría de Arousa dirixido pola Universidade de Vigo e financiado polas organizacións de produtores. Cos alumnos e alumnas do Colexio San Narciso de Marín repasamos o resto da actualidade comarcal da xornada e buscamos a predicción metereolóxica. No tempo do almorzo informativo convidamos ao alcalde de Portas, o popular Víctor Estévez, para facer balance do primeiro ano de mandato. Ademais recibimos a visita de Adriana Otero desde a Librería Cronopios con novas recomendacións literarias

Onda Cero Pontevedra

28/04/2016 14:13

Pontevedra en la Onda 28-04-2016

A moción de censura en Pontecesures e a polémica entre goberno e oposición da Deputación polos fondos europeos son as dúas cuestións que centran a nosa atención na primeira parte do programa. Como cada xoves coñecemos o traballo do Consello Regulador da DO Rías Baixas, e no tempo da entrevista falamos de teatro con Teté Delgado e Ana Obregón, actrices protagonistas de "Sofocos Plus" (sábado 30 maio - 21.00 h no Pazo da Cultura). Ademais, seguimos buscando calidade pola nosa provincia: hoxe apostamos pola creatividade de PASPALLÁS, un bo exemplo de que "Pontevedra ten un puntazo"

Onda Cero Pontevedra

27/04/2016 14:40

Pontevedra en la Onda (27-04-2016)

Comezamos o programa en Sanxenxo conversando coa concelleira de Igualdade trala polémica por un anuncio machista que xa denunciou ante a Garda Civil. No tempo da entrevista o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, é hoxe o noso convidado. E viaxamos ata Francia na conexión que cada mércores establecemos co CAMPUS universitario para coñecer o proxecto internacional no que participa un grupo de alumnos de Ciencias da Educación e do Deporte

Onda Cero Pontevedra

22/04/2016 20:23

Onda Cero Pontevedra

22/04/2016 20:23

Pontevedra en la Onda (22-04-2016)

Repasamos a actualidade que nos deixa a semana e adiantamos asuntos dos que falaremos nos vindeiros días. Ademais, os venres son sinónimo de ENREDADOS, AXENDA CULTURAL e DINA MITA en Pontevedra na Onda

Onda Cero Pontevedra

20/04/2016 15:07

Pontevedra en la Onda (20-04-2016)

Comezamos o programa centrados nas visitas que hoxe recibe Pontevedra: a do conselleiro de Sanidad, Vázquez Almuíña, e a do presidente da FEMP e alcalde de Vigo, Abel Caballero. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS para coñecer as novidades universitarios. E temos sesión coa nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para falar de educación emocional

Onda Cero Pontevedra

14/04/2016 14:07

Pontevedra en la Onda (14-04-2016)

O descubrimento do pasadizo na rúa Andrés Muruais de Pontevedra e a xunta de portavoces previa ao pleno do luns que vén, centran a actualidade da xornada que repasamos no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos cun dos deseñadores galegos máis internacionáis, Roberto Verino, que esta tarde reabre tenda e presenta colección en Pontevedra. Escoitamos os consellos de Óptica Martínez. E coñecemos o proxecto ECOGALIA no espazo que cada xoves dedicamos a buscar calidade pola nosa provincia