lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

12/04/2016 14:53

Pontevedra en la Onda (12-04-2016)

Coa compañía dos alumnos e alumnas do Colexio San Narciso de Marín repasamos a actualidade da xornada en clave local e comarcal e buscamos a predicción do tempo para as vindeiras horas. No tempo da entrevista damos voz aos traballadores públicos da Administración Xeral do Estado que hoxe protagonizan unha xornada de protesta pola cidade de Pontevedra. Recuperamos a Mercedes Corbillón no espazo Cronopios! A nosa libreira de cabeceira fálanos da súa experiencia no xurado do Premio Alfaguara 2016 e recoméndanos novas lecturas.

Onda Cero Pontevedra (01-04-2016)

01/04/2016 14:05

Pontevedra en la Onda (01-04-2016)

Como cada venres comezamos adiantando as novas da vindeira semana e repasando a actualidade desta que deixamos atrás. Escoitamos a Dina Mita coa súa particular ollada sobre o que escoita na radio, e con Javier Arnau abrimos unha nova edición de ENREDADOS, hoxe percorremos o mundo facendo paradas en cidades en ruinas.. Ademais, marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio para a fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

28/03/2016 15:16

Pontevedra en la Onda (28-03-2016)

Iniciamos a semana coa mirada posta na praza de Barcelos de Pontevedra e consultando as últimas incidencias os membros da Polícía Local. A maiores, a xornalista Montse Fajardo repasa a represión das mulleres con parentesco na época franquista dentro do eido dedicado ‘A Memoria das Mulleres. Do gris ao violeta’. Nova cita coa música no recuncho ‘Cántamo en Galego’. E pechamo o programa con acento deportivo e celebrando o ascenso do Peixe Galego de Marín.

Onda Cero Pontevedra

24/02/2016 14:36

Pontevedra en la Onda (24-02-2016)

Comezamos repasando a actualidade da xornada marcada polas reaccións á fusión de Cerdedo e Cotobade e á declaración de Rajoy como persoa non grata en Pontevedra, dúas cuestións que tamén comentamos no tempo da entrevista co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Como cada mércores conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as novidades. E recibimos a visita da nosa coach, Raquel Pedrouso, para falar de "gamificación"

Onda Cero Pontevedra

04/02/2016 14:18

Pontevedra en la Onda (04-02-2016)

Analizamos o proxecto europeo do Camiño Portugués a Santiago. Na Deputación se celebroou un acto de presentación no que estiveron presentes 13 concellos da provincia de Pontevedra polos que pasa o Camiño e os Presidentes e 4 Cámaras Municipais portuguesas e representantes da Asociacion de Amigos do Camiño Portugués. Tamen, ocupamos o noso tempo o Bacharelato Internacional que xa se pode cursar no colexio SEK Atlántico de Pontevedra. Pechamos o programas con unha serie de consellos sobre saude visual.

Onda Cero Pontevedra

14/01/2016 15:41

Pontevedra en la Onda (14-01-2016)

Comezamos falando de reunións e cartas que centran a actualidade da política municipal: reunión do CES, reunión para a regulación da participación cidadá, reunión da xunta de portavoces e carta de ENCE a Lores. No tempo da entrevista conversamos coa alergóloga Celsa Pérez Carral. Como cada xoves, óptica Martínez achéganos os seus consellos en materia de saúde visual e auditiva. E buscando calidade pola nosa provincia hoxe facemos parada en Cerponzóns coñecendo a empresa Chorigal

Onda Cero Pontevedra

13/01/2016 14:18

Pontevedra en la Onda (13-01-2016)

A actualidade da xornada está marcada polo peche dos mariñeiros do cerco no Concello de Bueu e a reunión a cinco bandas na Deputación entre a presidenta e as catro Cámaras de Comercio da provincia, cuestións que analizamos no inicio do programa. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. Conectámonos co CAMPUS para coñecer as novidades da semana. E, retomamos as sesións coa nosa coach Raquel Pedrouso.

Onda Cero Pontevedra

11/01/2016 14:14

Onda Cero Pontevedra

11/01/2016 14:14

Pontevedra en la Onda (11-01-2016)

Programa local e comarcal en Pontevedra, O Salnés e Deza Tabeiros/Terras de Montes

Onda Cero Pontevedra

08/01/2016 14:12

Pontevedra en la Onda (08-01-2016)

Repasamos a actualidade do día e da semana marcada polo primeiro temporal do inverno cun regueiro de incidencias na provincia.. Con Javier Arnau abrimos a primeira edición de ENREDADOS deste 2016, seguindo as pegadas de Star Wars polo mundo. Como cada venres escoitamos á irreverente Dina Mita coa súa particular ollada sobre a actualidade, e marcamos unha completa AXENDA cultural e de ocio.

Onda Cero Pontevedra

07/01/2016 14:04

Pontevedra en la Onda (07-01-2015)

A reapertura da sala de investigación no Museo de Pontevedra centra a nosa atención no inicio do programa ademais de repasar o resto da actualidade da xornada. No tempo da entrevista conversamos co presidente da Asociación XUNTOS Down Pontevedra, Manuel Pérez Cabo, para sumarnos á súa gala benéfica anual. Como cada xoves prestamos atención á nosa saúde visual e auditiva cos consellos de Óptica Martínez e buscamos calidade pola nosa provincia nunha nova edición de PONTE CALIDADE