lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

04/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (04-01-2017)

A actualidade do día e a axenda do Nadal nesta primeira semana do ano centran a atención do programa. No tempo da entrevista conversamos co portavoz municipal de MAREA PONTEVEDRA, Luis Rei, desde a Cafetería Moi BO.

Onda Cero Pontevedra

02/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (02-01-2018)

Comezamos repasando a actualidade e buscando a predicción metereolóxica para esta primeira semana do ano. Lembramos o paso polo programa de Sonia Lebedynski, Eladio y los Seres Queridos, De Vacas e Ses, os artistas que protagonizaron os encontros de "Cántamo... en galego" en 2017. Como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares coas recomendacións CRONOPIOS de Mercedes Corbillón.

Onda Cero Pontevedra

18/12/2017 14:18

Pontevedra en la Onda (18-12-2017)

Comezamos analizando a actualidade coa mirada posta na investigación aberta na Estrada tras unha denuncia de agresión sexual. Como cada luns, poñemos voz ao programa municipal A MEMORIA DAS MULLERES, hoxe visitamos o barrio da Moureira guiados pola etnóloga Olga Conde desde ETNOGA. Abrimos espazo de motor con Abel Millán e poñemos ritmo ao luns cunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

14/12/2017 14:12

Pontevedra en la Onda (14-12-217)

A actualidade do día centra a nosa atención na primeira parte do programa na que conversamos co alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz. Como cada xoves falamos do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra coñecendo experiencias en torno á compostaxe. No tempo da entrevista convidamos ao historiador e escritor, José Benito García, que nos leva ao barrio da Moureira no seu novo libro "Donde la salmuera". Ademais, no espazo semanal dedicado á saúde hoxe falamos de probas biomecánicas con Xavier Alfonso, director técnico de Umana.

Onda Cero Pontevedra

13/11/2017 15:05

Pontevedra en la Onda (13-11-2017)

Comezamos a semana coa preocupación pola seca a pendentes da reunión entre Augas de Galicia e os concellos que se abastecen do Río Lérez. Buscamos a predicción do tempo, abrimos espazo de motor con Abel Millán e facemos memoria coa xornalista Montse Fajardo e unha das orfas dos fusilamento do 12 de novembro, Fina Paz. Hoxe, ademais, temos versión extendida de "Cántamo... en galego!" coa visita de Eladio y los seres queridos aos IES Luís Seoane.

Onda Cero Pontevedra

07/11/2017 14:21

Onda Cero Pontevedra

07/11/2017 14:21

Pontevedra en la Onda (07-11-2017)

As primarias socialistas na provincia centran a actualidade da xornada que repasamos no inicio do programa. Buscamos a predicción metereolóxica e, no tempo do almorzo informativo desde a Cafetería MOI BO, conversamos co secretario local do PSdG en Pontevedra, Agustín Fernández. Como cada martes rendímonos ao pracer da lectura guiados polas recomendacións CRONOPIOS: hoxe visítanos a escritora Vanessa Montfort, autora de "Mujeres que compran flores" e o seu editor, Alberto Marcos.

Onda Cero Pontevedra

03/11/2017 14:38

Pontevedra en la Onda (03-11-2017)

Repasamos a actualidade do día e da semana que deixamos atrás, como cada venres. Abrimos nova edición de ENREDADOS con Javier Arnau, buscamos a predicción metereolóxica e marcamos unha AXENDA cultural e de ocio para desfrutar da fin de semana.

Onda Cero Pontevedra

31/10/2017 14:18

Pontevedra en la Onda (31-10-2017)

Analizamos a actualidade da xornada e abrimos tempo de almorzo informativo desde a cafetería MOI BO para celebrar o DÍA MUNDIAL DAS CIDADES: conversamos co concelleiro Demetrio Gómez e co portavoz de Pedaladas, Quique Pérez. Ademais, como cada martes, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións CRONOPIOS, hoxe centradas no Samaín