lalin en la onda

Onda Cero Pontevedra

25/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (25-01-2018)

A dimisión do alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Diaz, como secretario de organización do PSdG en Pontevedra centra a actualidade que repasamos no inicio do programa. No tempo da entrevista levantamos o telón para conversar coa actriz galega María Castro, este sábado visita a cidade coa comedia "Dos más dos". Falamos de saúde cos especialistas do Hospital Quirón Salud Miguel Domínguez. E, como cada xoves, pechamos o programa conectando textos, cancións e emocións con Carmen Quinteiro.

Onda Cero Pontevedra

24/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (24-01-2018)

A actualidade do día e a previsión do tempo centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Conectámonos co CAMPUS universitario para coñecer as novidades da semana. Recibimos a visita da nosa coach, Raquel Pedrouso, que hoxe chega acompañada por Sebas Ruíz, participante no programa "Se buscan héroes".

Onda Cero Pontevedra

23/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (23-01-2018)

Repasamos a actualidade do día, cos bos datos turísticos que a Xunta presenta en Pontevedra facendo balance de 2017, e buscamos a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No almorzo informativo dos martes convidamos á nova secretaria local do PSdG, Maica Larriba. E, como cada semana, ampliamos as nosas bibliotecas particulares con novas recomendacións Cronopios

Onda Cero Pontevedra

22/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (22-01-2018)

A actualidade do día e a predicción metereolóxica centran a primeira parte do programa. Como cada luns, poñemos voz ao programa municipal A MEMORIA DAS MULLERES, abrimos espazo de MOTOR con Abel Millán, e poñemos ritmo ao inicio de semana con boa música nunha nova edición de "Cántamo... en galego!"

Onda Cero Pontevedra

18/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (18-01-2018)

Na primeira parte do programa estamos entre Pontevedra e Madrid, onde se celebra unha nova edición de FITUR. No tempo da entrevista visítanos o gaiteiro Óscar Ibáñez para presentarnos o ciclo de concertos co que pecha todo un ano de homenaxe a Ricardo Portela. E, nesta xoves de conto, pechamos o programa con Carmen Quinteiro conectando textos, cancións e emocións.

Onda Cero Pontevedra

17/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (17-01-2018)

Comezamos repasando a actualidade da xornada e buscando a predicción metereolóxica para as vindeiras horas. No tempo da entrevista convidamos ao portavoz do PP en Pontevedra, Jacobo Moreira. E completamos o programa subíndonos ás bicis cos amigos/as de Pedaladas

Onda Cero Pontevedra

15/01/2018 06:00

Onda Cero Pontevedra

15/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (15-01-2018)

Iniciamos a semana pendientes da campaña de tráfico da policía local de Pontevedra sobre o uso do móvil conducindo en coche. Como cada luns tamén abordamos o noso espacio 'A Memoria das Mulleres'. Nesta ocasión, un paseo polo cemiterio de San Mauro permite descubrir historias silenciadas polo pasado e o machismo. Tamén repasamos todas as novidades do mundo do motor e as últimas produccións músicais en Galego, no espacio 'Cántamo Galego'.

Onda Cero Pontevedra

10/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (10-01-2018)

Comezamos repasando a actualidade do día coa mirada no cárcere da Lama, a onde vai ser trasladado "El Chicle", en Sanxenxo, onde un tornado causou danos nunha vintena de vivendas, e no PSdG de Pontevedra coa decisión de Agustín Fernández de non optar á secretaría local. No tempo da entrevista conversamos co delegado da Xunta, Jose Manuel Cores Tourís. E recibimos a visita da nosa coach Raquel Pedrouso para enfocar prioridades neste 2018.

Onda Cero Pontevedra

09/01/2018 06:00

Pontevedra en la Onda (09-01-2018)

Prestamos máxima atención os concellos de Ponte Caldelas e Soutomaior que deciden recurrir o proxecto de trasvase do río Verdugo a presa de Eiras para garantir o abastecemento de Vigo e a sua contorna. No programa tamen facemos balance do 2017 no sector comercial e empresarial de Pontevedra. E pechamos cunha recomendación literaria: Xacobe Medina, mozo de 17 anos, que presenta o seu primeiro libro na Casa das Campás.