Gente Viajera de Galicia

Onda Cero Galicia

01/02/2016 10:19

Gente Viajera de Galicia 29-01-2016

Repasamos a actualidade do sector turístico e entrevistamos a unha galega viaxeira: Luisa Márquez, mestra e coordinadora das Rede Galega de Escolas da UNESCO. Coa noso guía 4x4 emprendemos ruta con DESTINO GALICIA visitando Verín, comendo en Cuntis e durmindo en Compostela. Ademais, como cada venres, completamos a viaxe cunha AXENDA cultural e de ocio

Onda Cero Galicia

25/01/2016 12:16

Gente Viajera de Galicia 22-01-2016

Edición especial de Gente Viajera de Galicia seguindo as novidades de FITUR 2016. Falamos de enoturismo, de destinos starlight e de certificados de calidade, ao tempo que visitamos Sanxenxo, Cambados, Baiona e Sarria.

Onda Cero Galicia

18/01/2016 10:46

Gente Viajera de Galicia 15-01-2016

Na viaxe deste venres ata cambiamos de continente: o vigués Oscar Bruzón lévanos ata a India, onde leva 4 anos vivindo e traballando como director técnico e asistente de adestradores de fútbol. Coa nosa guía 4x4 volvemos a Galicia para visitar o Faro Vilán en Camariñas, inaugurar o Mes do Cocido en Lalín, e durmir nun dos lugares de paso de La Vuelta Ciclista 2016 pola provincia de Ourense, Ribadavia. Ademais, como cada venres, repasamos a actualidade do sector no noso noticiario turístico e completamos con propostas de ocio a axenda de fin de semana.

Onda Cero Galicia

11/01/2016 11:52

Gente Viajera de Galicia 08-01-2016

Primeiro programa do ano que nos leva de ruta por Begonte, na provincia de Lugo, para visitar un dos beléns máis emblemáticos de Galicia, adentrámonos nun bosque galego para durmir nas cabanas de Outes, un proxecto de turismo sostible, e da man do blog Desayuna Galicia concedemos protagonismo á comida máis importante do día buscando un bo café... e moito máis. Como primeiro galego viaxeiro deste 2016 convidamos ao fundador de Luar na Lubre, Bieito Romero, no tempo da entrevista. Ademais, como cada venres, completamos con propostas de ocio a axenda de fin de semana.

Onda Cero Galicia

22/12/2015 10:40

Gente Viajera de Galicia 18-12-2015

Último programa deste 2015 no que viaxamos coas guías ilustradas de El Patito Editorial, Gemma Sesar é a convidada no tempo da entrevista. Visitamos Valga para coñecer o belén artesanal en movemento que cada ano visitan 40.000 persoas. Degustamos mexillón de Galicia e durmimos no Parador de Vilalba para sumarnos a unha nova edición da Feira do Capón. Ademais, marcamos unha axenda cultural e de ocio para os vindeiros días en Galicia

Onda Cero Galicia

14/12/2015 10:31

Gente Viajera de Galicia 11-12-2015

Esta semana visitamos Ourense guiados polo seu alcalde, Jesús Vázquez, o noso convidado no tempo da entrevista. Repasamos a actualidade do sector turístico e coa nosa guía 4x4 facemos parada na Comarca de Quiroga coñecendo o seu patrimonio xeolóxico, comemos en Pontecesures na súa ruta de tapas da matanza, durmimos en Fisterra a pé da praia Langosteira no hotel con mellor reputación de Galicia segundo os usuarios de trivago.com. Ademais, como cada venres marcamos unha completa axenda para gozar da fin de semana

Onda Cero Galicia

09/12/2015 12:03

Gente Viajera de Galicia 04-12-2015

Comezamos repasando a actualidade do sector turístico e conversando cun galego viaxeiro: Xoel López que nos presenta o seu último disco "Paramales" e nos leva ata o outro lado do charco. Coa nosa guía 4x4 visitamos a cidade de Lugo para celebrar o XV Aniversario da Muralla como Patrimonio da Humanidade, comemos en Manzaneda convidados ás xornadas de promoción do porco celta, faCemos parada para durmir en Pontevedra sumándonos ás actividades do Culturgal, e marcamos unha completa axenda para gozar da fin de semana

Onda Cero Galicia

16/11/2015 10:09

Onda Cero Galicia

16/11/2015 10:09

Gente Viajera de Galicia 13-11-2015

Comezamos unha nova edición de Gente Viajera de Galicia repasando a actualidade do sector turístico e conversando cun galego viaxeiro: o músico e cantante Davide Salvado que nos presenta o seu disco "Lobos" co que está a viaxar por lugares tan dispares como Canadá ou Bélxica. Coa nosa guía 4x4 ímonos de tapeo ata a cidade de Pontevedra, sacámonos a foto no banco máis bonito do mundo en Loiba (Ortigueira) e faremos parada para durmir a poucos quilómetros para admirar sen presa e con calma a beleza das Rías Altas. Ademais visitamos dúas adegas no norte e no sur de Galicia e marcamos unha completa axenda para gozar da fin de semana

Onda Cero Galicia

09/11/2015 10:54

Gente Viajera de Galicia 06-11-2015

Co repaso pola actualidade do sector turístico comezamos unha nova edición de Gente Viajera de Galicia na que incorporamos á actriz, presentadora e cantante Teté Delgado á nosa familia de galeg@s viaxeir@s. A GUÍA 4x4 con DESTINO GALICIA lévanos de ruta esta semana ata Monforte de Lemos seguindo as pegadas de Manuel María, propónnos comer en Campo Lameiro entre arte rupestre e con carne de caza no prato, e para durmir lévanos ata unha cidade monumental e de cine. Por último, na provincia de Ourense abrimos a nosa axenda de fin de semana.

Onda Cero Galicia

03/11/2015 11:56

Gente Viajera de Galicia 30-10-2015

Comezamos o programa repasando a actualidade do sector turístico e entrevistando a galegos que co seu traballo levan o nome de Galicia polo mundo: esta semana o escritor vigués Pedro Feijoo é o protagonista e con el percorremos Vigo e Barcelona coa súa nova novela como guía. Ímonos de ruta pola provincia de Pontevedra sumándonos ás andainas de outono que organiza o Concello de Marín, comemos na Mariña Lucense escollendo entre 20 restaurantes dentro do "mes da maxia", durmimos no mellor parador de España segundo os usuarios de Tripadvisor: o Parador de Santo Estevo de Ribas de Sil, e na provincia da Coruña abrimos a nosa axenda de fin de semana