Gente Viajera de Galicia

Onda Cero Galicia

29/11/2019 20:03

Gente Viajera de Galicia (29-11-2019) Especial Culturgal 19

Esta semana viaxamos entre libros, música, artes escénicas e moito máis. "Culturgal" é o escenario ata o que nos desprazamos, no recinto feiral da cidade de Pontevedra, para conceder todo o protagonismo que merecen ás industrias culturais de Galicia. Neste podcast podes volver escoitar o programa especial con Susana Pedreira.

Onda Cero Galicia

25/11/2019 10:33

Gente Viajera de Galicia (22-11-2019)

A viaxe desta tarde comeza en Vigo para dar a benvida ao Nadal e en Melide para sumarnos á celebración da XXX Semana da Música da Terra de Melide. Unha nova entrega de #ViaxesArnau lévanos ata o Norte de África para visitar Marrakech, Casablanca e Rabat. Convidamos a Lidia de la Fuente desde "Camiños con Arte" para percorrer unha nova ruta polo interior de Galicia: "Ruta do Tambre". E o destino final lévanos ata a provincia de Ourense para descubrir o xeodestino Verín/Viana.

Onda Cero Galicia

11/11/2019 11:27

Gente Viajera de Galicia (08-11-2019)

Esta semana descubrimos un novo xeodestino na provincia de Ourense: O Ribeiro - O Carballiño. Ademais, repasamos a actualidade turística, viaxamos ata Cabo Verde con Javier Arnau e degustamos as novidades do gourmet galego na feira "Etiqueta Negra". A entrevista viaxeira desta semana tivo a un galego e un andaluz como convidados: os poetas Antonio García Teijeiro e Juan Carlos Martín.

Onda Cero Galicia

25/10/2019 20:02

Gente Viajera de Galicia (25-10-2019)

Abrimos o programa do venres coa actualidade turística e viaxeira antes de facer unha primera viaxe express que nos leva ata o "Mesón de Alberto" na cidade de Lugo. Coa visita de Javier Arnau imos ata Noruega para desfrutar de fiordos e auroras boreais. Estreamos a primeira cuchipanda da temporada cos nosos amigos de "Polo Correo do Vento" que nos propoñen un percorrido pola Galicia lorquiana. O destino final desta semana é o xeodestino "Celanova/Baixa Limia" na provincia de Ourense co presidente do INORDE, Rosendo Fernández.

Onda Cero Galicia

21/10/2019 13:28

Gente Viajera de Galicia (18-10-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade da semana e visitando a parroquia pontevedresa de Salcedo nunha primeira viaxe express. Visítanos a pianista Isabel Pérez Dobarro para levarnos polo mundo coa música clásica como fío condutor. Coñecemos o proxecto "Morada Atlántica" a través dunha exposición que nos leva pola Costa da Morte co océano como protagonista. Rematamos a viaxe en Silleda para descansar no "Remanso de Trasfontao".

Onda Cero Galicia

14/10/2019 10:33

Gente Viajera de Galicia (11-10-2019)

Comezamos a viaxe repasando a actualidade e visitando a cidade de Vigo para anotarnos na última proba do "DepoDesafío". Na nosa entrevista viaxeira convidamos ao conselleiro de Cultura e Turismo, Román Rodríguez. Degustamos a mellor merluza do pincho de Burela da man da "Organización de Productores Pesqueros de Lugo" e, completamos a viaxe, buscando o mellor atardecer coa redactora xefa da revista "Traveler", a galega María Fernández.

Onda Cero Galicia

04/10/2019 20:05

Gente Viajera de Galicia (04-10-2019)

A viaxe desta tarde lévanos en globo pola Ribeira Sacra e en bici BTT pola Ruta do Viño Rías Baixas. Damos a benvida a Javier Arnau, galego viaxeiro que esta semana nos guía pola Costa Azul francesa. Ademais, repasamos a actualidade turística da semana e organizamos plans gastronómicos e culturais en Compostela e comarca con Rebeca Munín, directora da Revista Pincha.

CON LUIS LLERA

27/09/2019 20:04

CON LUIS LLERA

27/09/2019 20:04

La Brújula de Galicia 19:05. Gente Viajera de Galicia 27/09/2019

La Brújula de Galicia, Gente Viajera de Galicia. Cada tarde de viernes un recorrido radiofónico con relatos viajeros, visitas a diferentes rincones de Galicia, consejos prácticos para viajar… Los viernes a partir de las siete de la tarde con Luis LLera

Onda Cero Galicia

05/07/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia con Jesús Álvarez (05-07-2019) Especial desde Monçao

"Gente Viajera de Galicia" desplazouse ata a localidade lusa de Monçao para vivir en directo a celebración da 23 edición da "Feira do Alvarinho" no que tivemos oportunidade de conversar co presidente da cámara municipal Antonio Barbosa, integrantes das cofradías gastronómicas ademáis de coñecer as actividades do terceiro aniversario do Centro Comercial Rio Park.

Onda Cero Galicia

28/06/2019 06:00

Gente Viajera de Galicia (28-06-2019)

Comezamos o programa repasando a actualidade máis turística e facendo unha viaxe express ata o Bosque de Colón de Poio. Viaxamos ata Nova York co editor e escritor, Francisco Castro.Volvemos conceder protagonismo ao rural coa fotoxornalista Alba Sotelo que esta semana se fusiona coa "Cuchipanda" de Polo Correo do Vento. Rematamos o programa en Santa Cruz de Oleiros inaugurando o novo "Noa Boutique Hotel"