Gente Viajera de Galicia

Gente Viajera de Galicia

16/03/2020 13:54

Espazo lambón con Javi Mos

A familia viaxeira medra con Javi Mos e as recomendacións gastronómicas que nos deixará cada semana no programa. Neste podcast podes volver escoitar a primeira das seccións con Susana Pedreira en "Gente Viajera de Galicia".

ONDACERO GALICIA

13/03/2020 20:22

Gente Viajera de Galicia (13-03-2020)

O programa desta tarde púxose ao servizo da actualidade informativa coa crise do coronavirus como protagonista. Non renunciamos ás viaxes a través da radio e convidamos á cantante galega Carolina Rubirosa coa súa canción "O teu camiñar", tema oficial para a promoción do Camiño Inglés. Ademais, estreamos sección lambona con Javi Mos. Neste podcast podes volver escoitar o programa con Susana Pedreira.

Onda Cero Galicia

09/03/2020 14:38

Gente Viajera de Galicia (06-03-2020)

A viaxe desta tarde comeza co presidente do Cluster de Turismo de Galicia, Cesáreo Pardal, co obxectivo de coñecer a incidencia do coronavirus e as preocupacións do sector ás portas da Semana Santa. Con Lidia de la Fuente seguimos as pegadas de mulleres galegas para percorrer Padrón, Lugo e Ribadeo. Visítanos Javier Arnau e ampliamos cun novo destino o noso mapa do mundo: Riga, capital de Letonia, espera a nosa visita. Completamos o programa buscando o legado xudeo na comunidade en compañia de Manola Porto.

Onda Cero Galicia

24/02/2020 12:04

Gente Viajera de Galicia (21-02-2020)

Comezamos a viaxe desta tarde repasando a actualidade a facendo unha primeira parada express no novo Casino de Vigo. Temos nova entrega de "Viajes Arnau" para volver a Asia e visitar Singapur. Por Galicia guiaranos Lidia de la Fuente: o Entroido Ribeirao de Chantada será o punto de partida dunha viaxe pola Ribeira Sacra lucense. O noso destino final será Vilaboa para vivir por todas as parroquias o entroido de Cobres

Onda Cero Galicia

17/02/2020 14:09

Gente Viajera de Galicia (14-02-2020)

Viaxamos por Galicia buscando o mellor do Entroido e as paisaxes da comarca do Deza. Visítanos a directora da revista Pincha, Rebeca Munín, para tomar boa nota das mellores recomendacións gastronómicas e culturais de Compostela. Ademais, buscamos novos destinos para #GaliciaLovers con Pablo Conde desde Volta Montana

Onda Cero Galicia

10/02/2020 11:52

Gente Viajera de Galicia (07-02-2020)

Este venres viaxamos pola Galicia do interior: desde o Deza retratado en "As Ramonas", o libro de Ana Cabaleiro, ata Sarria na provincia de Lugo para rematar a viaxa degustando o mellor cocido de porco celta. Ademais, facemos parada en Expourense para coñecer as novidades de "Xantar", e viaxamos ata Shanghái nunha nova entrega de "viaxes Arnau".

Onda Cero Galicia

27/01/2020 12:01

Gente Viajera de Galicia (24-01-2020)

A viaxe desta semana levounos ata FITUR para coñecer todo o que as vilas e cidades galegas presentaron nesta Feira Internacional de Turismo e conversar coa directora de Turismo da Xunta, Nava Castro. Tamén nos adentramos no stand dos amigos de "Traveler" e falamos coa súa redactora xefa, María Fernández. Completamos o programa viaxando ata Sudáfrica nunha nova entrega de "Viajes Arnau".

Onda Cero Galicia

21/01/2020 10:57

Onda Cero Galicia

21/01/2020 10:57

Gente Viajera de Galicia (17-01-2020)

A viaxe deste venres comeza co habitual repaso pola actualidade antes de chegar ao primeiro destino express: Castro Caldelas e a súa festa dos Fachós. Por Galicia viaxamos seguindo unha ruta de murais pintados por Xoana Almar e Miguel Peralta de "Cestola na cachola". Falamos de turismo inclusivo con Xaime Toxo, pedagodo da Once e organizador dunha xornada de formación na Ribeira Sacra. Ademais, completamos a viaxe descansando en Fisterra no primeiro hotel literario de Galicia: "Bela Fisterra", onde nos recibe Pepe Formoso.

Onda Cero Galicia

23/12/2019 14:36

Gente Viajera de Galicia (20-12-2019)

Comezamos a última viaxe do ano co habitual repaso pola actualidade turística da semana e cunha primeira recomendación express que, nesta ocasión, serve para brindar cun espumoso Rías Baixas: "Feitizo da Noite" das Bodegas Pablo Padín. Na entrevista viaxeira convidamos ao escritor e avogado, Jose Ignacio Carnero, autor de "Ama". Ademais, celebramos a última cuchipanda do ano cos amigos de Polo Correo do Vento e descubriremos un novo xeodestino na provincia de Ourense: Manzaneda-Trevinca

Onda Cero Galicia

16/12/2019 11:16

Gente Viajera de Galicia (13-12-2019)

A viaxe desta tarde comeza coa actualidade da semana e cunha primeira recomendación que nos leva ata La Vera para poñer en valor o seu pementón con DOP. A galega viaxeira convidada á nosa entrevista é Laura Rodríguez, directora de Hércules Ediciones. Ademais, buscamos os mellores temas con Galicia como protagonista na revista "Traveler" coa súa editora xefa, María Fernández. Completamos o programa brindando cun bo viño Rías Baixas: "Paco & Lola"