emisora

Onda Cero Pontevedra

29/12/2017 15:07

Pontevedra en la Onda (29-12-2017)

Último programa do ano no que repasamos a actualidade do día e da semana. Con Javier Arnau abrimos unha última edición de ENREDADOS neste 2017, e marcamos unha completa AXENDA para desfrutar da fin de semana de Nadal

Onda Cero Pontevedra

28/12/2017 14:56

Pontevedra en la Onda (28-12-2017)

A actualidade do día está marcada polas negociacións do ERE presentado por Elnosa, falamos na primeira parte do programa co presidente do Comuté de Empresa, Avelino García. No tempo da entrevista conversamos co deputado de Cultura e Lingua, Xosé Leal, sobre o futuro do Museo de Pontevedra que cumpre 90 anos este 30 de decembro. Como cada xoves, falamos de saúde: buscamos benestar, deporte e terapias na auga coñecendo un novo Wellness Club en Vilagarcía. Rematamos o programa marcando unha completa AXENDA cultural e de ocio para desfrutar deste xoves de Nadal

Onda Cero Pontevedra

27/12/2017 14:32

Pontevedra en la Onda (27-12-2017)

A actualidade do día e o balance da pontevedresa Teresa Pedrosa desde o Consorcio Zona Franca centran a nosa atención na primeira parte do programa. No tempo da entrevista conversamos co delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Jose Manuel Cores Tourís. Visítanos a nosa coach de cabeceira, Raquel Pedrouso, para axudarnos a recapitular o aprendido durante o ano e marcar bos obxectivos pensando en 2018

Onda Cero Pontevedra

26/12/2017 14:55

Pontevedra en la Onda (26-12-2017)

Comezamos analizando a actualidade do día e conversando co alcalde de Poio, Luciano Sobral, sobre a peaxe da AP-9 e a comarcalización dos parques de bombeiros, dous dos temas que esta tarde debaten en pleno. No último almorzo informativo do ano desde a cafetería MOI BO convidamos ao presidente do PP de Pontevedra e vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda. E, como cada martes, abrimos espazo CRONOPIOS coa nosa libreira de cabeceira, Mercedes Corbillón

Onda Cero Galicia

26/12/2017 14:32

Gente Viajera de Galicia (26-12-2017)

Última viaxe do ano que nos leva de cuchipanda cos nosos amigos de POLO CORREO DO VENTO e de ruta polo mundo seguindo a un viño de lunares: o Rías Baixas "Paco y Lola", visítanos o presidente da cooperativa, Carlos Carrión. Repasamos a actualidade viaxeira da semana e sentámonos á mesa cunhas boas ameixas de Carril

Onda Cero Pontevedra

07/12/2017 14:55

Pontevedra en la Onda (07-12-2017)

A "guerra da auga" sigue a centrar a actualidade e ocupa a nosa atención na primeira parte do programa. Ademais, falamos de compostaxe para coñecer o PLAN REVITALIZA da Deputación de Pontevedra e, neste xoves entre festivos, marcamos unha completa axenda, cultural, de ocio e gastronómica para desfrutar da ponte. No tempo da entrevista compartimos con vos a última entrega da radio lectora deste 2017: Arantza Portabales foi a nosa convidada en Cronopios

Onda Cero Pontevedra

04/12/2017 16:13

Onda Cero Pontevedra

04/12/2017 16:13

Pontevedra en la Onda (04-12-2017) Revitaliza 5

Todos os luns e xoves coñecemos o Plan Revitaliza que a Deputación de Pontevedra quere poñer en marcha na provincia de Pontevedra.

Onda Cero Pontevedra

04/12/2017 15:01

Pontevedra en la Onda (04-12-2017)

Comezamos repasando a actualidade do día e buscando a predicción metereolóxica, ademais de conversar co alcalde de Poio, Luciano Sobral, neste inicio de semana importante para Combarro. Falamos do Plan Revitaliza da Deputación de Pontevedra e do mundo do motor co noso compañeiro Abel Millán. Como cada luns, poñemos voz ao programa municipal A MEMORIA DAS MULLERES e temos unha nova edición de "Cántamo... en galego!", hoxe escoitamos a SONIA LEBEDYNSKI, a última das convidadas ás nosas entrevistas musicais

Onda Cero Pontevedra

01/12/2017 15:37

Pontevedra en la Onda (01-12-2017)

Repasamos a actualidade do día, con Elnosa como protagonista, e recapitulamos as novas que nos deixou a última semana de novembro antes de buscar a predicción metereolóxica. Como cada venres, marcamos unha completa AXENDA para desfrutar da fin de semana e enredámonos con Javier Arnau